Salomé Peña

química e política galega
(Redirección desde «Salomé Peña Muñiz»)


María Salomé Peña Muñiz, nada en Sisán (Ribadumia) o 6 de agosto de 1974, é unha política galega do PPdeG.

Modelo:BiografíaSalomé Peña
Biografía
Nacemento6 de agosto de 1974 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Sisán, España Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Ribadumia
1 de xuño de 2001 – 2015
← Nené BarralDavid Castro Mougán → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, química Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciada en Ciencias Químicas. Nas eleccións municipais de 1999 foi candidata número 3 na lista do PPdeG ao concello de Ribadumia, por detrás do alcalde José Ramón Barral (Nené Barral) e de Rafael Louzán, sendo concelleira de Educación, Deportes, Servizos internos e administrativos. O 1 de xuño de 2001 accedeu á alcaldía logo da dimisión do alcalde José Ramón Barral, trala súa detención pola súa presunta vinculación cun caso de contrabando de tabaco. Nas municipais de 2003 encabezou a candidatura do PPdeG e gañou por 2 votos aos Independentes por Ribadumia, partido encabezado polo seu antecesor trala súa expulsión do PPdeG por mor da súa detención. Desta forma, empatou a 5 concelleiros cos independentes fronte a 1 do BNG, polo que continuou gobernando en minoría. Nas municipais de 2007 logrou a maioría absoluta con 6 concelleiros, quedando os independentes de Nené Barral con 4. Nas 2011 volveu logra-la maioría absoluta, ampliándoa con respecto a 2007, trala retirada dos independentes da carreira electoral. Durante esta etapa seguiu como número 2 a Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra a partir do 2003.

Nas municipais de 2015 encabezou de novo a candidatura popular, sendo a máis votada pero perdendo a maioría absoluta tralo regreso dos Independentes por Ribadumia, encabezados nesta ocasión por David Castro Mougán. Desta forma, logrou 6 concelleiros fronte a 5 independentes, 1 da marea Somos Ribadumia e outro do PSdeG, perdendo a alcaldía ante a formación dun tripartito entre os demais grupos, encabezado polo independente Castro Mougán. Paralelamente, Rafael Louzán perdeu a presidencia da Deputación en favor da socialista Carmela Silva. En setembro de 2015 tomou posesión como deputada provincial, trala dimisión de Louzán. En xaneiro de 2019 anunciou a súa retirada da primeira liña política.


Predecesor:
José Ramón Barral
  
Alcaldesa de Ribadumia
 
2001 - 2015
Sucesor:
David Castro Mougán

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar