Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Sabela de Portugal, nada en Lisboa o 24 de outubro de 1503 e finada en Toledo o 1 de maio de 1539,[1] foi filla do rei Manuel I e da raíña María de Aragón. Alcumabana "belísima", como proba o retrato pintado por Tiziano. Morreu de sobreparto, no Palacio de Fuensalida, en Toledo, estando sepultada no Panteón do Escorial.
Era irmá de Xoán III e do Cardeal-Rei Henrique. Intelixente e culta, creada no esplendor da máis rica corte europea do seu tempo, en Lisboa, na educación da emperatriz participaron tamén, por influencia de súa nai, Beatriz Galindo, la Latina e o humanista Luis Vives. Foi longamente rexente en nome de Carlos V, entre 1528 e 1533, primeiro, e de 1535 a 1538 novamente, mentres o marido se ausentou, en guerra.
Alén diso, tivo moita importancia en relación á educación do seu primoxénito, que viría a ser Filipe II de Habsburgo, de lingua materna portuguesa, creado e educado polas damas portuguesa de súa nai durante a infancia.
Casamento
editarO casamento fora negociado polo seu pai, D. Manuel I, que morrendo antes de finalizalo, deixouno recomendado en testamento ao seu sucesor no codicilo do 11 de decembro de 1521. Así, o 6 de outubro de 1525 era asinado en Torres Novas o contrato. A noiva levou por dote a exorbitante contía de 900 mil cruzados portugueses, ou dobras castelás. Carlos V, o seu noivo e seu curmán directo, era entón aínda só Carlos I, rei das Coroas de Aragón e Castela, duque da Borgoña e varios outros feudos: só catro anos despois será electo emperador do Sacro Imperio, tornándose xerarquicamente o máis alto soberano da Cristiandade, con xurisdición sobre a Alemaña e varios reinos e señoríos da Península Ibérica, Italia, Francia e Flandres, estendendo ao mundo a súa influencia política e o poder das súas armas; porén, como todos os soberanos do Renacemento, foi varias veces grazas a recorrer a grandes familias de banqueiros, como os Fugger, non só para financiar o seu acceso á coroa imperial, como tamén os seus proxectos político-militares. Por iso mesmo Carlos prometera, anteriormente, a Henrique VIII casar con súa filla, María, de quen igualmente era curmán directo, en 1522 (cando esta tiña só seis anos) - mais preferiu aceptar a consorte portuguesa, cuxa alianza e cuxo dote inmediato eran moito máis significativos na Europa do tempo, e lle traían a liquidez necesaria para a compra do trono imperial.
Así, a princesa casou en Almeirim, o 1 de novembro de 1525, co seu curmán Carlos, representado polo embaixador Carlos Popeto; e partiu en xaneiro de 1526 rumbo a Elvas con grande e rica comitiva. Cegado coa súa beleza, Carlos V deulle ao casar por nova divisa as tres grazas, tendo a primeira delas a rosa, símbolo da fermosura; a segunda o ramo de murta, símbolo do amor; e a terceira, a coroa de carballo, símbolo da fecundidade.
A morte e a lenda
editarTendo a emperatriz falecido en Toledo, e estando nesa época o soberano en Granada, encargou este o futuro S. Francisco de Borja, un dos moitos apaixonados platónicos da bela emperatriz, da conducir até si a fin da sepultar. Chegados alí, ao abriren cerimoniosamente o caixón de D. Sabela, a fin de verificaren a identidade do rexio cadáver, a súa descomposición ía xa avanzada, destruíndo a fermosura da máis bela muller daquel tempo, segundo rezaban os literatos de entón. Segundo a lenda, perante a fedorenta visión do seu cadáver descomposto o aínda Duque de Gandia, casado coa portuguesa D. Leonor de Castro, unha das súas damas, e que tanto e tan longamente amara a emperatriz á distancia, xurou nunca máis servir a señor humano algún, virándose unicamente para o servizo divino; e ao enviuvar de D. Leonor, algúns anos despois, optará pola vida relixiosa ingresando na Compañía de Xesús. O novo padre Francisco de Borja foi o terceiro Xeral da Compañía, sendo despois canonizado como San Francisco de Borja. Porén, sabemos agora que a famosa frase despois atribuída ao duque, e que deu nome ao célebre poema de Sophia de Mello Breyner titulado "Meditación do Duque de Gandia na morte de Sabela de Portugal", sobre a súa alegada decisión de nunca máis servir a señor mortal algún, foi si pronunciada por San Xoán de Ávila na oración fúnebre da emperatriz que proferiu durante as súas exequias. É aínda no entanto posíbel que S. Xoán de Ávila utilizase nas exequias imperiais a frase do humilde S. Francisco de Borja ao ser obrigado a contemplar descomposta a muller que amara, e que a tradición oral o soubese, ao atribuír a autoría desta a el e non a S. Xoán de Ávila.
Notas
editar- ↑ "Isabel (D.).". Portugal - Dicionário Histórico, Corográfico, Heráldico, Biográfico, Bibliográfico, Numismático e Artístico (en portugués). 2011. p. 1007. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 26 de xullo do 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico |