Submillimeter Wave Astronomy Satellite
SWAS (acrónimo de Submillimeter Wave Astronomy Satellite), tamén coñecido como Explorer 74, é un observatorio espacial da NASA pertencen ó programa Explorer lanzado o 6 de decembro de 1998 mediante un foguete Pegasus XL desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[2][4]
Submillimeter Wave Astronomy Satellite (SWAS) / Explorer 74 | |
---|---|
![]() SWAS | |
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | NASA |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 6 de decembro de 1998[1][2][3] |
Foguete portador | Pegasus XL[2][4] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][5] |
Obxectivo da misión | Observación astronómica en lonxitudes de ondas submilimétricas.[2][5] |
NSSDC ID | 1998-071A |
Masa | 288 kg[2][4] |
Potencia | 230 vatios[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6982,2 km[1] |
Inclinación | 69,9 graos[1] |
Apoapse | 619,3 km[1] |
Periapse | 603,2 km[1] |
Características
editarA misión de SWAS foi observar o ceo en lonxitudes de onda submilimétricas para estuda-la composición química, o balance de enerxía e a estrutura das nubes interestelares e os procesos que forman os planetas e as estrelas.[2][4]
SWAS centrouse en observar liñas espectrais específicas:[2][4]
- a liña da molécula da auga a 556,936 GHz.
- a liña do osíxeno molecular a 487,249 GHz.
- a liña do carbono a 492,161 GHz.
- a liña do monóxido de carbono isotópico con 13C a 550,927 GHz.
- a liña da auga isotópica con 16O a 548,676 GHz.
O satélite estabilízase nos tres eixos e tiña unha precisión no apuntado de 38 segundos de arco.[2][4]
SWAS foi apagado en febreiro de 2008, pero foi reactivado en varias ocasións para facer observacións especiais.[4]
Instrumentos
editarSWAS levaba a bordo un telescopio Cassegrain elíptico fóra de eixo, de 55 x 71 cm de apertura, cun ancho de feixe de 4 minutos de arco, e que alimenta uns radiómetros formados por un par de díodos Schottky refrixerados.[4]
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Submillimeter Wave Astronomy Satellite |
Ligazóns externas
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "SWAS" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2012.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (4 de novembro de 2011). [SWAS "SWAS"]
|url=
incorrecto (Axuda) (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2012. - ↑ "Note verbale dated 17 June 1999 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (99-86422 (E)). 21 de xullo de 1999: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de febreiro de 2015. Consultado o 14 de febreiro de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: SWAS (SMEX 3)" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "SWAS" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2012.