O SEAT 1400 é un modelo de automóbil de turismo familiar, producido polo fabricante español SEAT entre os anos 1953 e 1963, con licenza da empresa Fiat. Foi o primeiro modelo comercializado pola marca española, 4 anos antes que o SEAT 600. O SEAT 1400 pertence ó segmento de vehículos con motor dianteiro, tracción traseira e 4 ou 5 portas segundo as versións.

SEAT 1400

MarcaSEAT S.A. Editar o valor en Wikidata
FabricanteSEAT
PaísEspaña España
Período
1953 
1963
DeseñoDante Giacosa
MontaxeBarcelona, Cataluña Cataluña
Configuración
SegmentoSegmento D
ConfiguraciónMotor dianteiro, tracción traseira
Tren motriz
Motor1395 cc
Potencia44 CV
Dimensións
Distancia eixes2650 mm
Lonxitude4240 mm
Anchura1655 mm
Altura1575 mm
Peso1150 kg
Relacionados
RelacionadoFiat 1400
Cronoloxía
Commons ] Wikidata ]

O motor orixinal de gasolina tiña 4 cilindros en liña, 1395 cc e producía 44 cabalos de potencia. As seguintes versións foron engadindo potencia, ata chegar ós 58 CV no SEAT 1400 B Special (na imaxe). Ademais dun motor máis potente, este modelo incluía cromados e pneumáticos con banda branca, amitándose á moda dos coches norteamericanos do momento.

O modelo SEAT 1400 C de 1960 supuxo un troco total no deseño exterior do vehículo. Este deseño sería adoptado posteriormente polo sucesor do 1400, o SEAT 1500.

Do SEAT 1400 producíronse 82.894 unidades.

SEAT 1400 A
SEAT 1400 B
Deseño do SEAT 1400 C.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar