Sociedade Deportiva Villestro
A Sociedade deportiva Villestro é un club de fútbol galego, da parroquia de Santa María de Villestro, pertencente ao concello de Santiago de Compostela. Foi fundado en 1983 e actualmente xoga no grupo II da Primeira Autonómica de Galicia.
Villestro | |||
---|---|---|---|
Nome | Sociedad Deportiva Villestro | ||
Alcume(s) | SD Villestro; Villestro;SD | ||
Fundación | 1983 | ||
Estadio | A Barrosa Santiago de Compostela (A Coruña) | ||
Inauguración | 2010 | ||
Capacidade | 200 | ||
Presidente | Jesús Conde Míguez | ||
Adestrador | |||
Liga | 1ª Autonómica − Grupo 2 | ||
2015−16 | 16.º (Preferente − Grupo Norte) | ||
Na rede | |||
http://www.sdvillestro.com/ | |||
| |||
Historia
editarO 7 de agosto de 1983 a Federación Galega de Fútbol aceptaba a solicitude de afiliación do Club así como a petición de ser incluído en competicións oficiais asignándolle o número 1.405. O 18 de agosto de 1983 preséntase na Delegación de Santiago o primeiro boletín de afiliación, quedando deste xeito inscrito na competición.
Con todo preparado para o debut xurdiu un inconveniente, o campo de fútbol non estaba en condicións para albergar ningunha competición, polo que os primeiros encontros terían que xogarse no campo de fútbol de Brión. O 10 de outubro de 1983 a S.D. Villestro disputou o seu primeiro partido oficial perante o Rial, acadando a vitoria por un marcador de 8-1.
Unha vez consolidado o equipo afeccionado, barallouse a posibilidade de crear categorías inferiores que surtiran ó primeiro equipo de efectivos. Así, na tempada 1986-87, crearíase o primeiro equipo infantil da historia da S.D. Villestro. No seu primeiro encontro oficial contra o Feiraco-Negreira lograría a vitoria por 3-1, acadando esa mesma tempada os títulos de Liga e Copa, así como o Diploma á Deportividade.
O 10 de agosto de 1987 solicitábase por escrito ante a Federación a incursión do equipo xuvenil na competición oficial, polo que na tempada 1987-88 apareceu o primeiro equipo xuvenil da historia do Club.
Logo de catro anos que (1989-1993) en que o club permaneceu completamente inactivo, na tempada 1993-94 a S.D. Villestro retornou á competición oficial. Creouse unha nova Directiva da man de Jesús Conde, abríndose deste xeito unha nova etapa no Villestro chea de ilusión á vez que de escepticismo e cos obxectivos claros de fomentar o deporte na parroquia e que non rematase todo como na etapa anterior. Dende entón a SD Villestro creou varios equipos de fútbol base. Na actualidade pose unha das canteiras mais potentes da cidade de Santiago sendo un claro referente para un futuro moi próximo.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta Azul, pantalóns brancos e medias branquiazuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalóns negros e medias negras.
Estadio
editarA SD Villestro xoga os seus partidos como local no campo da Barrosa con capacidade para 200 espectadores. O campo foi inaugurado o 6 de febreiro do 2011. Co obxecto de responder ás necesidades da parroquia de Villestro, onde se vén desenvolvendo unha intensa actividade futbolística dende hai anos, o Concello construíu un novo campo de herba artificial que substitúe ao anterior de area. As dimensións do campo son de 105 x64 metros.
Equipos
editarA SD Villestro dispón de polo menos un equipo en cada unha das categorías do fútbol base. Estes equipos están formando cada ano a xogadores de fútbol de gran nivel, chegando incluso a marchar a equipos como os filiais do Deportivo da Coruña ou SD Negreira. Esta canteira alimenta dende fai ano a maioría das ligas de Santiago. A SD Villestro dispón de equipos tanto en fútbol sala como en fútbol campo en tódalas súas categorías.
Fútbol Sala
editar- Equipos Categoría Prebexanmín 1º ano: 2
- Equipos Categoría Prebexanmín 2º ano: 2
- Equipos Categoría Bexanmín : 2
- Equipos Categoría Alevín: 1
Fútbol Campo
editar- Fútbol -7
- Equipos Categoría Benxanmín : 1
- Equipos Categoría Alevín : 2
- Fútbol -11
- Equipos Categoría Infantil : 1
- Equipos Categoría Cadete : 1
- Equipos Categoría Xuvenil : 2
- Equipos Terceira Rexional : 1
- Equipos Segunda Rexional : 1 (Primeiro Equipo e máximo expoñente da SD Villestro).
En resumo, o Villestro traballa aproximadamente, con 160 nenos nas categorías de fútbol base (dende Prebenxamín ata Xuvenil) e con máis de 30 xogadores nas categorías superiores.
Logros Deportivos
editarTempada 1986/87
- O equipo infantil proclámase :
- Campión de Liga
- Campión da Copa
- Acada o Trofeo á Deportividade
Tempada 1998/99
- O equipo alevín de fútbol-7 proclámase Subcampión de Liga e disputa o Campionato Galego da modalidade.
Tempada 1999/00
- O equipo infantil proclámase :
- Campión de Liga
- Campión da Copa
Tempada 2000/01
- O equipo afeccionado proclámase Campión de Liga e acada o ascenso de categoría (a 2ª Rexional)
- O equipo xuvenil proclámase :
- Subcampión de Liga
- Campión da Copa
Tempada 2002/03
- O equipo afeccionado proclámase Campión de Liga e acada o ascenso de categoría (a 2ª Rexional)
- O equipo xuvenil proclámase :
- Campión de Liga
- Campión da Copa
- Participa na Fase de Ascenso a Liga Galega Xuvenil
- O equipo cadete proclámase :
- Subcampión de Liga
- O equipo alevín fútbol-7 proclámase :
- Subcampión de Liga