Rui Tavares

político portugués

Rui Miguel Marcelino Tavares Pereira, nado en Lisboa o 29 de xullo de 1972, é un escritor, historiador e político portugués.

Modelo:BiografíaRui Tavares

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Rui Miguel Marcelino Tavares Pereira Editar o valor en Wikidata
29 de xullo de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Deputado da Asemblea da República de Portugal
29 de marzo de 2022 –

Circunscrición electoral: Lisboa

Eurodeputado

14 de xullo de 2009 – 30 de xuño de 2014

Circunscrición electoral: Círculo eleitoral de Portugal (pt) Traducir

Datos persoais
EducaciónUniversidade de Lisboa
Universidade Nova de Lisboa Editar o valor en Wikidata
Director de teseBernard Vincent (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, escritor Editar o valor en Wikidata
Partido políticoLIVRE Editar o valor en Wikidata
Participou en
18 de maio de 2019Carta aberta aos vizinhos e vizinhas de Barcelona em apoio a Ada Colau (pt) Traducir
maio de 2015Manifesto de apoio a Barcelona en Comú Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciado en Historia e Historia da arte, é especialista en historia e cultura do século XVIII. Colaborador habitual do xornal Público, a revista Blitz e a canle de televisión SIC Notícias. Elixido en 2009 deputado no Parlamento Europeo como independente integrado na lista do Bloco de Esquerda, en 2011 abandonou a delegación do BE no Parlamento Europeo, con duras acusacións contra o líder da formación Francisco Louçã.[1] Foi o redactor do relatorio sobre a situación dos dereitos fundamentais en Hungría logo da aprobación nese país da Lei Fundamental de 2011, e que a Comisión considerara que vulneraba dereitos e liberdades, restrinxía os poderes lexislativo e xudicial en beneficio do poder executivo e menosprezaba o Tribunal Constitucional,[2] e que o Parlamento Europeo aprobóu no fundamental o 3 de xullo de 2013.[3] Tavares foi en 2014 un dos fundadores do partido político Livre.

Nas eleccións lexislativas portuguesas de xaneiro de 2022, Tavares encabezou a candidatura do Livre polo distrito de Lisboa: con algo máis do 2% dos votos obtivo un escano, o único desa forza política.

  • O Arquitecto (teatro)
  • O Fiasco do Milénio (crónicas)
  • O Pequeno Libro do Grande Terremoto (historia)
  • Pobre e Mal Agradecido
  • O Regicídio
  • A Ironia do Projecto Europeu

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar