Rugby Park Stadium
O Rugby Park Stadium é un estadio da cidade de Invercargill, (Nova Zelandia), inaugurado en 2002 e que ten unha capacidade para acoller a uns 17.000 seareiros.
Rugby Park Stadium | |
---|---|
![]() Rugby Park Stadium | |
Datos | |
Coordenadas | 46°25′01″S 168°21′46″L / -46.416944, 168.362778 |
Localización | Invercargill, Nova Zelandia |
Construción | |
Inauguración | 2002 |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Capacidade | 17.000 |
Propietario | Invercargill City Council |
Localía | Southland RFU (ITM Cup) |
Web | http://invercargill-venue-events-management-ltd.invercargillnz.com/ |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O recinto emprégase principalmente para a práctica do rugby da man do Southland, equipo que compite na ITM Cup, e tamén á práctica do fútbol mediante un equipo local chamado Spirit FC. Os Highlanders do torneo Super Rugby tamén teñen xogado algún encontro como locais neste estadio.
Copa do Mundo de Rugby 1987
editarNa Copa do Mundo de Rugby 1987 que se disputou en Nova Zelandia e Australia, o Rugby Park Stadium acolleu un encontro da primeira fase no que se enfrontaron Canadá e Gales:
3 de xuño de 1987 | |||
Canadá | 9 - 40 | Gales | Rugby Park Stadium Árbitro: Guy Maurette (FRA) |
Copa do Mundo de Rugby 2011
editarEste é un dos estadios que Nova Zelandia escolleu para que se disputen nel 3 dos encontros do Grupo1 na primeira fase da Copa do Mundo de Rugby 2011 que o país maorí organizou entre o 9 de setembro e o 23 de outubro de 2011:
10 de setembro de 2011 13:00 | |||
Escocia | 34-24 | Romanía | Rugby Park Stadium, Invercargill Árbitro: Dave Pearson (ENG) |
14 de setembro de 2011 19:30 | |||
Escocia | 15-6 | Xeorxia | Rugby Park Stadium Invercargill Árbitro: George Clancy (IRL) |
17 de setembro de 2011 18:00 | |||
Arxentina | 43-8 | Romanía | Rugby Park Stadium, Invercargill Árbitro: Steve Walsh (AUS) |
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |