Rudolf Mößbauer
Rudolf Ludwig Mößbauer, nado en Múnic o 31 de xaneiro de 1929 e finado en Múnic o 14 de setembro de 2011[1], foi un físico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1961.
Traxectoria
editarLicenciado en física pola Universidade de Tecnoloxía de Múnic, en 1961 foi profesor de física no Instituto Tecnolóxico de California.
Durante a súa etapa estudantil interesouse nos raios gamma, estudando as súas transicións nucleares e descubrindo no ano 1957 o que posteriormente se denominaría efecto Mößbauer. En 1961 foi galardoado, xunto co físico norteamericano Robert Hofstadter, co Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre a absorción de radiación gamma.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarNotas
editar- ↑ Physiker und Pianist Arquivado 21 de setembro de 2011 en Wayback Machine.. tagesspiegel.de. 15 de novembro de 2011.