Rublo transcaucásico
Rublo transcaucásico † | |
---|---|
рубль en ruso ռուբլի en armenio منات en azerí მანეთი en xeorxiano | |
Ámbito: | República Democrática Federal Transcaucásica República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica |
Fracción: | non tiña |
Moedas: | non se acuñaron |
Billetes: | 1, 3, 5, 10, 50, 100 e 250 rublos (1ª versión) de 1000 a 1 billón de rublos (2ª versión) |
Emisor: | |
O rublo transcaucásico (en ruso: рубль, armenio: ռուբլի), manat (en azerí: منات) o maneti (en xeorxiano: მანეთი) foi unha moeda de curso legal que circulou nos tres estados do Cáucaso que se uniron na República Democrática Federal Transcaucásica e posteriormente na República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica.
Historia
editarPrimeiro rublo, 1918-1919
editarEn 1918, o Comisariado da República Democrática Federal Transcaucásica emitiu papel moeda con denominación en rublos para substituír o rublo ruso cando a rexión transcaucásica se separou do Imperio Ruso logo da primeira guerra mundial. Este rublo estaba fixado ao rublo ruso cunha taxa de troco equivalente.
Entre 1919 e 1923, Armenia, Xeorxia e Azerbaidján emitiron a súa propia moeda: o rublo armenio, o manat azerí e o maneti xeorxiano respectIvamente, que substituíron o rublo transcaucásico cunha taxa de troco de 1:1.
Segundo rublo, 1923-1924
editarA segunda versión foi introducida en 1923 como moeda da República Federal Socialista Soviética Transcaucásica constituída trala conquista das tres repúblicas por parte do Exército Vermello. Un ano máis tarde esta moeda foi substituída polo rublo soviético.
Dende 1924, o rublo soviético circulou como moeda oficial de Transcaucasia, e posteriormente nas Repúblicas Socialistas Soviéticas de Armenia, Xeorxia e Azerbaidján.
Billetes
editarNa primeira versión desta moeda se emitiran billetes con denominacións de 1, 3, 5, 10, 50, 100 e 250 rublos. Entre 1923 e 1924, a República Federal Socialista Soviética Transcaucásica (parte da URSS) emitiu billetes que oscilaban dende os 1.000 rublos ao billón de rublos. Nas dúas edicións, os billetes tiñan no anverso inscricións en ruso, e no reverso en cada unha das linguas das tres repúblicas.
-
Billete de 25 millóns de rublos
-
Billete de 50 millóns de rublos
-
Billete de 75 millóns de rublos
-
Billete de 100 millóns de rublos
-
Billete de 250 millóns de rublos
-
Billete dun billón de rublos