Rubén Quintá
Rubén Perfecto Quintá Quintá, nado en Rubiás (Negrelos, Rodeiro) en 1964 e finado no mesmo concello o 23 de marzo de 2024, foi un gandeiro e político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 ![]() Rubiás, España ![]() |
Morte | 23 de marzo de 2024 ![]() Rodeiro, España ![]() |
![]() | |
6 de marzo de 2021 – 2023 ← Luís López Diéguez – José Luis Camiñas Vázquez → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | gandeiro, político ![]() |
Traxectoria
editarGandeiro. Foi tesoureiro da Sociedade de Caza e Pesca de Rodeiro. Nas eleccións municipais de 2007 foi o candidato número 5 do PPdeG ao concello de Rodeiro, pero non foi elixido. Logo da dimisión do candidato e portavoz do PPdeG José Luis Fernández Fafián en marzo de 2010, entrou a formar parte da corporación municipal e foi nomeado concelleiro de Medio Ambiente.[1] Nas municipais de 2011 ocupou o número 3 na lista popular e foi elixido concelleiro. Foi elixido presidente da Sociedade de Caza e Pesca de Rodeiro en 2012.[2] Volveu ser elixido concelleiro en 2015, sendo nomeado segundo tenente alcalde e concelleiro de Obras e Servizos; o mesmo que en 2019. Volveu ser reelixido presidente da Sociedade de Caza e Pesca en setembro de 2020. Logo da dimisión do alcalde Luís López Diéguez para ser delegado da Xunta na provincia de Pontevedra, foi elixido alcalde de Rodeiro o 6 de marzo de 2021.[3][4] Finou en Rodeiro o 23 de marzo de 2024 aos 59 anos.[5]
Predecesor: Luís López Diéguez |
Alcalde de Rodeiro 2021 - 2023 |
Sucesor: José Luis Camiñas |
Vida persoal
editarCasou con Sonia García Diéguez e foi pai de Noelia e José María Quintá Diéguez.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, Lalín-A Estrada, 20-3-2010, p. 3.
- ↑ La Voz de Galicia, Lalín-A Estrada, 8-5-2012, p. 6.
- ↑ El concejal de Obras Rubén Quintá sucede a Luis López como alcalde de Rodeiro
- ↑ Rubén Quintá xura o cargo de alcalde de Rodeiro pondo "no centro de todo" aos veciños
- ↑ La familia popular de Rodeiro, “devastada” por el fallecimiento de Rubén Quintá