Rubén Gotay Montalvo

xornalista e escritor portorriqueño

Rubén Gotay Montalvo, nado en Santurce (San Xoán, Porto Rico) en 1914 e finado en 2000, foi un escritor portorriqueño.

Modelo:BiografíaRubén Gotay Montalvo
Biografía
Nacemento1914 Editar o valor en Wikidata
Santurce, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte2000 Editar o valor en Wikidata (85/86 anos)
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4755843

Traxectoria

editar

Portorriqueño de ascendencia galega. En 1936 era estudante de terceiro ano de Dereito na Universidade Central de Madrid. Identificado coa causa republicana, cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na toma do Cuartel da Montaña. Fíxose correspondente de guerra, foi responsable dun programa da radioemisora da Federación Universitaria estudantil Hispana nos sotos do pazo da ex-duquesa de San Carlos. Fixo crónicas para El Miliciano Gallego. Foi un dos fundadores de Nueva Galicia e redactor xefe de Pasaremos. Nos primeiros meses de 1937 incorporouse como correspondente-combatente ao Estado Maior da 11ª División do Exército do Centro ao mando de Enrique Líster, e estivo nas frontes do Jarama, Brunete, Zaragoza, Teruel e nas retiradas do Exército Popular da República na fronte de Aragón. Escribía co pseudónimo El Jíbaro. En xullo de 1938 abandonou España e escribiu unhas memorias co título Mientras arde la hoguera. Apuntes de un corresponsal combatiente, que se publicaron en Porto Rico en 1939. Ingresou o exército dos Estados Unidos de América e participou na segunda guerra mundial.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar