Rubén Fernández García
Rubén Fernández García, nado o 24 de febreiro de 1999 en Vigo,[1][2] é un piloto galego de motocrós. Compite no Campionato Mundial de Motocrós, na categoría raíña, MXGP.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | Rubén Fernández García |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de febreiro de 1999 Vigo |
País de nacionalidade | ![]() |
Actividade | |
Ocupación | piloto de motociclismo ![]() |
Deporte | Motocrós |
Traxectoria
editarInicios
editarNaceu nunha familia de motoristas, sendo fillo do piloto Paco "Peto". Seus irmáns máis vellos, Fran e Sergio tamén son pilotos de motocrós.[3] Comezou a competir en 2005.[4]
En 2007 proclamouse subcampión de Galicia de motocrós e supercrós en categoría alevín, en ambas competicións por detrás de seu irmán Sergio.[5] Ao ano seguinte quedou terceiro en motocrós, onde volveu vencer seu irmán, mentres que gañou o campionato de supercrós por diante de Sergio (2º) e de Jorge Prado (3º). En 2009 venceu nas dúas modalidades do campionato, acompañado no podio en ambas por Jorge Prado.[5] Tamén ese ano participou no MX Master Kids, considerado o mundial infantil de motocrós, subindo ao podio en terceiro lugar nas categorías D2 e D Ouro.[6] No 2010 pasou á categoría xuvenil onde gañou o campionato galego de motocrós e o de supercrós, no que competían tamén os pilotos da categoría cadete.[5]
En 2011, con 12 anos, gañou os campionatos galegos de motocrós e supercrós e proclamouse campión de España de Motocrós na categoría de "Promesas" (85cc). Revalidou os tres títulos ao ano seguinte, superando a seu irmán Sergio e a Jorge Prado nos tres campionatos.[7][8]
125cc
editarEn 2013, despois de pedir un permiso á Real Federación Motociclista Española, pasou a competir na categoría de 125cc, da que se proclamou tamén campión de España no seu primeiro ano e contra pilotos de máis idade.[9] Gañou ademais o Campionato de Galicia de Supercrós, agora xa na máxima categoría e quedou subcampión en MX2, tras gañar todas as carreiras menos a última, en Taboexa, onde sufriu unha caída que lle deu o título a seu irmán Sergio.[8][9] En 2014 revalidou o título de campión de España de 125cc.[10][11] En 2015 quedou terceiro no campionato de España, despois de ir líder toda a tempada até a última carreira,[12] onde non puido tomar a saída por unha lesión de clavícula sufrida na proba de Talavera.[13][14] Ademais as boas actuacións que realizou nas probas do Campionato de Europa de 125 en Talavera (11º)[15] e Winchester (4º)[16] propiciaron a súa fichaxe polo equipo HNHF Racing Team, ligado a Kawasaki,[17] co que rematou o campionato europeo e co que participou no Mundial Júnior celebrado en El Molar, onde quedou cuarto.[18] Tras iso o equipo renovouno por cinco anos.[19]
MX2
editarEn 2016 competiu de novo en varias probas do Campionato de Europa, esta vez en EMX250 rematando a tempada na 11ª posición final.[20] No Campionato de España só participou na última proba da categoría de ÉliteMX2, en Calatayud, logrando a vitoria nas dúas mangas.[21] Ao ano seguinte quedou terceiro no Campionato de Europa, nunha temporada con altibaixos, na que logrou varios podios pero tamén rematou varias carreiras sen puntuar.[22] Ademais participou en tres Grandes Premios do Campionato Mundial de Motocrós, en categoría MX2, na República Checa (21º),[23] en Suecia (20º)[24] e nos Países Baixos (18º).[25] En 2018 disputou a metade do Mundial até que fracturou un brazo en Ottobiano.[26] Pouco despois rescindiuse o seu contrato co equipo F&H Kawasaki[27][28] e máis tarde fichou por Yamaha SDM-DP19 para volver a competir no Europeo ao ano seguinte.[29] Rematou 2019 na novena posición do Europeo,[30] despois de perderse tres das oito probas por unha rotura de vértebra.[31][32] Participou en dúas probas do Campionato de España, logrando a vitoria en Calatayud[33] e finalizando segundo por detrás de Iker Larrañaga en Talavera de la Reina.[34]
Ao ano seguinte volveu ao Campionato Mundial para disputar íntegra a tempada 2020 en MX2 coa Yamaha.[35] No primeiro Gran Premio disputado en Winchester logrou un 10º posto na primeira manga, mentres que na segunda sufriu problemas mecánicos cando rodaba en terceira posición, o que o obrigou a parar en boxes.[1] Na segunda proba, en Valkenswaard, a súa moto rompeu de novo e sufriu unha caída que o fixo abandonar o Gran Premio.[36] En marzo o campionato paralizouse debido á pandemia por coronavirus e non se retomou ata agosto, coa disputa de tres grandes premios consecutivos en Letonia. No primeiro deles conseguiu o cuarto posto final despois de quedar terceiro na primeira manga e sétimo na segunda.[37]
Ademais compite co equipo Yamaha Ausió no Campionato de España de Motocrós en MX2,[38] onde gañou as dúas probas disputadas (Albaida[39] e Talavera).[40]
Recoñecementos
editarFoi homenaxeado pola Deputación de Pontevedra en 2013[41] e 2014.[2]
Resultados no Campionato do Mundo
editarAno | Moto | Clase | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | Pts | Pos | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
C1 | C2 | C1 | C2 | C1 | C2 | C1 | C2 | C1 | C2 | C1 | C2 | C1 | C2 | C1 | C2 | C1 | C2 | C1 | C2 | C1 | C2 | C1 | C2 | C1 | C2 | C1 | C2 | C1 | C2 | C1 | C2 | C1 | C2 | C1 | C2 | C1 | C2 | C1 | C2 | |||||
2017 | Kawasaki | MX2 | QAT | QAT | IND | IND | ARX | ARX | MEX | MEX | ITA | ITA | PBX | PBX | LET | LET | ALE | ALE | FRA | FRA | RUS | RUS | ITA | POR | POR | RCH 16 |
RCH 22 |
BEL | BEL | SUI | SUI | SUE 20 |
SUE 18 |
USA | USA | PBX 15 |
PBX 19 |
FRA | FRA | 17 | 40º | |||
2018 | Kawasaki | ARX | ARX | PBX 17 |
PBX 15 |
ESP 19 |
ESP 12 |
ITA 26 |
ITA Ret |
POR 12 |
POR 13 |
RUS NTS |
RUS NTS |
LET 17 |
LET 13 |
ALE NTS |
ALE NTS |
GBR 13 |
GBR 16 |
FRA 14 |
FRA 14 |
ITA Ret |
ITA NTS |
IND | IND | IND | IND | RCH | RCH | BEL | BEL | SUI | SUI | BUL | BUL | TUR | TUR | 85 | 24º | |||||
Yamaha | PBX 17 |
PBX 17 |
ITA 27 |
ITA 22 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2020 | Yamaha | GBR 10 |
GBR Ret |
PBX Ret |
PBX NTS |
LET 3 |
LET 7 |
RIG 12 |
RIG 7 |
KEG 10 |
KEG 8 |
ITA Ret |
ITA 10 |
FAE 8 |
FAE 7 |
EMI 9 |
EMI 7 |
LOM 13 |
LOM Ret |
MAN 9 |
MAN 11 |
EUR 9 |
EUR 17 |
ESP 11 |
ESP Ret |
FLA 4 |
FLA 9 |
LIM 10 |
LIM 4 |
LOM | LOM | TRE | TRE | PIE | PIE | GAR | GAR |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Rodríguez, Luis M. (3 de marzo de 2020). "Un vigués en el mundial de motocrós". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de marzo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 "La Diputación homenajea a Rubén Fernández, campeón de España de Motocross a sus quince años de edad en la categoría Mx125" (en castelán). 9 de outubro de 2014. Consultado o 10 de marzo de 2020.
- ↑ Ares, Juan (8 de febreiro de 2009). "Una familia dedicada al motocrós". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de marzo de 2020.
- ↑ "Campionatos galegos de motocrós 2000-2005" (PDF). fedemoto.info. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xuño de 2020. Consultado o 9 de marzo de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Campionatos galegos de motocrós 2006-2010" (PDF). fedemoto.info. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xuño de 2020. Consultado o 9 de marzo de 2020.
- ↑ "MX Master Kids 2009. Tous les résultats du MX Master Kids!" (en francés). 13 de xullo de 2009. Consultado o 9 de marzo de 2020.
- ↑ Ares, Juan (6 de novembro de 2012). "El piloto vigués Rubén Fernández se proclamó campeón de España de Motocross 85". La Voz de Galicia. Consultado o 9 de marzo de 2020.
- ↑ 8,0 8,1 "Campionatos galegos de motocrós 2011-2015" (PDF). fedemoto.info. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xuño de 2020. Consultado o 9 de marzo de 2020.
- ↑ 9,0 9,1 Ares, Juan (24 de setembro de 2013). "El vigués Rubén Fernández gana el nacional de 125 cc". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de marzo de 2020.
- ↑ "RUBÉN FERNÁNDEZ, VENCEDOR DA COPA DE ESPAÑA DE MOTOCROSS MX125". 29 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 9 de marzo de 2020.
- ↑ "Títulos nacionais 2010-2015" (PDF). fedemoto.info. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xuño de 2020. Consultado o 9 de marzo de 2020.
- ↑ "Albaida despide en Nacional de élite" (en castelán). 23 de outubr0 de 2015. Consultado o 10 de marzo de 2020.
- ↑ "Campeones definidos en el Motocross 2015" (en castelán). 25 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 9 de marzo de 2020.
- ↑ "El Chipionero Joaquín Camacho, de 16 años, campeón de España de 125" (en castelán). Consultado o 9 de marzo de 2020.
- ↑ "Motocross European Championship 2015 (Talavera)". www.fim-europe.eu (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2020.
- ↑ "Motocross European Championship 2015 (Winchester)". www.fim-europe.eu (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2020.
- ↑ "ENTREVISTA RUBÉN FERNÁNDEZ. EL FUTURO ESTÁ EN SUS MANOS" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 9 de marzo de 2020.
- ↑ "Rubén Fernández, a un punto del podio en el Mundial júnior". Faro de Vigo (en castelán). 22 de xullo de 2015. Consultado o 9 de marzo de 2020.
- ↑ "Rubén Fernández, cinco años con Kawasaki" (en castelán). 2 de novembro de 2015. Consultado o 9 de marzo de 2020.
- ↑ "Campionato de Europa 2016". www.fim-europe.eu (en inglés). Consultado o 10 de marzo de 2020.
- ↑ "Ya tenemos campeones de España de Motocross 2016" (en castelán). 2 de outubro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2016. Consultado o 10 de marzo de 2020.
- ↑ "10 de marzo de 2020" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020.
- ↑ "Tony Cairoli retrasa el reloj del MXGP y Jorge Prado roza el podio" (en castelán). 25 de xullo de 2017. Consultado o 10 de marzo de 2020.
- ↑ "Jorge Prado consigue la segunda posición en el Gran Premio de Suecia". El Progreso (en castelán). 20 de agosto de 2017. Consultado o 10 de marzo de 2020.
- ↑ "Clasificación MX2 Assen 2017". racerxonline.com. Consultado o 10 de marzo de 2020.
- ↑ "LOS PLANES DE RUBÉN FERNÁNDEZ PARA SU REGRESO" (en castelán). 9 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020.
- ↑ "ÚLTIMA HORA. RUBÉN FERNÁNDEZ Y EL TEAM F&H KAWASAKI ROMPEN SU RELACIÓN" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020.
- ↑ CDRas (8 de setembro de 2018). ENTREVISTA MX-RUBÉN FERNÁNDEZ SE QUEDA SIN EQUIPO (Youtube).
- ↑ "RUBEN FERNANDEZ REGRESARÁ AL EUROPEO EMX250 EN 2019, DE LA MANO DE YAMAHA SDM" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020.
- ↑ "Van de Moosdijk, campeón del Europeo de 250 con Fernández séptimo en Suecia" (en castelán). 25 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020.
- ↑ "Rubén Fernández, lesionado, se pierde el Europeo de Rusia" (en castelán). 5 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020.
- ↑ "Campionato de Europa 2019". www.fim-europe.eu (en inglés). Consultado o 10 de marzo de 2020.
- ↑ "Jorge Zaragoza y Rubén Fernández, dan la sorpresa en Calatayud" (en castelán). 5 de maio de 2019. Consultado o 10 de marzo de 2020.
- ↑ "Ander Valentin e Iker Larrañaga se imponen en el Motocross de Talavera" (en castelán). 25 de febreiro de 2019. Consultado o 10 de marzo de 2020.
- ↑ "YAMAHA SDM CORSE CONFIRMA EL PASO DE RUBEN FERNÁNDEZ AL MUNDIAL DE MX2 EN 2020" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020.
- ↑ "Problemas físicos y mecánicos para Fernández en Holanda" (en castelán). 8 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020.
- ↑ "Jorge Prado, séptimo, firma su mejor resultado en la reanudación del MXGP". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de agosto de 2020. Consultado o 12 de agosto de 2020.
- ↑ "Rubén Fernández, Nacional de MX2 2020 al completo con Yamaha Ausió" (en castelán). 25 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020.
- ↑ "MX Nacional 2020 (Albaida): Arcarons y Fernández se llevan la primera prueba" (en castelán). 3 de febreiro de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020.
- ↑ "Brian Bogers y Rubén Fernández se imponen en el Nacional de Motocross en Talavera de la Reina" (en castelán). 24 de febreiro de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020.
- ↑ "Los hermanos vigueses Fernández García, campeones de España y de Galicia de Motocross, con 14 y 15 años" (en castelán). 5 de outubro de 2013. Consultado o 10 de marzo de 2020.