Rubén Díez
Rubén Díez Adán, en ocasións coñecido como Jamelli, nado en Zaragoza o 18 de agosto de 1993, é un futbolista español que xoga no Tenerife. Desenvólvese principalmente como mediocampista central, aínda que tamén pode xogar como centrocampista ofensivo.
Nome orixinal | Rubén Díez Adán |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 18 de agosto de 1993 ![]() Zaragoza, España ![]() |
Altura | 1,66 m. |
Actividade | |
Ocupación | futbolista ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Posición de xogo | Centrocampista |
Traxectoria
editarNado en Zaragoza, formouse como futbolista no Stadium Casablanca de dita cidade, co que competiu na División de Honra Xuvenil. Na tempada 2012/13 pasou ao Valdefierro, debutando con este conxunto na Tercera División. Alcumado nos seus inicios Jamelli, en referencia a Paulo Jamelli, nos seguintes anos pasou polo Almudévar, o Ebro, o Deportivo Aragón e o Tarazona, todos eles de Terceira, antes de fichar en 2018 polo Teruel, da Segunda División B.[1][2][3][4] Xogou co equipo turolense ata xaneiro de 2019, cando foi traspasado ao Castellón, da mesma categoría.[5]
Militou no equipo castellonenco durante dúas campañas e media, e na segunda delas logrou o ascenso á Segunda División, contribuíndo con seis goles en 29 partidos. O 12 de setembro de 2020, aos 27 anos, debutou na categoría de prata, ao saír de inicio na vitoria por 1-2 ante a Ponferradina na primeira xornada.[6] Marcou o seu primeiro gol dúas semanas despois, facendo o único tanto do seu equipo no empate 1-1 contra a UD Logroñés. Foi titular en case tódolos partidos da tempada 2020/21, sendo o xogador con máis minutos do equipo, que, con todo, acabou descendendo ao rematar penúltimo. Deixou o club tralo descenso, cun balance de 86 partidos oficiais e 14 goles.
En agosto de 2021 asinou un contrato de catro anos co Tenerife tamén da Segunda División.[7] No equipo adestrado por Ramis, os seus números reducíronse respecto á tempada anterior, sobre todo na segunda volta, pero contribuíu á clasificación para a promoción de ascenso a Primeira, promoción na que non chegou a participar.[8] Para a seguinte campaña non entrou nos plans do técnico, polo que saíu cedido ao Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.[9]
Mostrou un bo nivel de xogo na primeira metade da súa tempada na Coruña, pero acabou baixando o seu rendemento na segunda. Disputou un total de 34 partidos e marcou 3 goles.[10]
Notas
editar- ↑ Capablo, Raúl (17 de xullo de 2014). "El CD Ebro ficha a Jamelli y a Gascón, del Almudévar" (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "'Jamelli', Aitor, Carlos Valencia y Jesús Bernal, al Zaragoza B" (en castelán). 18 de xuño de 2015. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "Rubén Díez "Jamelli" y Pablo Moreno procedentes del Real Zaragoza B; Miguel Mallada de la SD Huesca fichan por la SD Tarazona" (en castelán). 17 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2022. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "El CD Teruel inicia su preparación para el asalto a la Segunda B" (en castelán). 17 de xullo de 2018. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "Fichaje: Rubén Díez, nuevo jugador del CD Castellón" (en castelán). 21 de xaneiro de 2019. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ Otero, Francisco Roberto (12 de setembro de 2020). "La victoria del debutante Castellón llega en la última jugada y de rebote" (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "Rubén Díez, nuevo refuerzo del CD Tenerife" (en castelán). 16 de agosto de 2021. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "Rubén Díez no entra en los planes de Ramis" (en castelán). 28 de xuño de 2022. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "Rubén Díez, novo xogador do Dépor 22-23". 3 de agosto de 2022. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ Antelo, Iván (12 de xuño de 2023). "Así fue la temporada de los 30 jugadores del Deportivo y esta es su situación contractual". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2023.