Rosaly Lopes

xeóloga brasileira

Rosaly MC Lopes-Gautier, nada en Río de Xaneiro o 8 de xaneiro de 1957, é unha xeóloga e astrónoma brasileira, coñecida polo seu traballo en xeoloxía planetaria no Laboratorio de Propulsión a Chorro (JPL, acrónimo en inglés) da NASA, á que se uniu en 1989.[1]

Modelo:BiografíaRosaly Lopes

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1957 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Londres Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxeóloga, astrónoma, vulcanóloga Editar o valor en Wikidata
EmpregadorLaboratorio de Propulsión a Chorro Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Sitio webscience.jpl.nasa.gov… Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

De nena desexaba ser astronauta. Non obstante, dada a dificultade de explorar o espazo como brasileira e estudante de escola pública, transformou o soño nun proxecto para estudar espazo e en 1975 marchou a Londres, onde se licenciou en astronomía pola University College.[2]

Cara ao final da súa graduación, interesouse pola xeoloxía dos planetas, unha disciplina que sería obxecto do seu doutoramento, Comparative Studies of Volcanic Features on Earth and Mars, da Universidade de Londres en 1986. Os seus estudos sobre volcáns valéronlle a invitación para traballar en JPL.[3]

Entre 1996 e 2001, traballando no Galileo Flight Project, identificou 71 volcáns activos na superficie de Io, o satélite de Xúpiter. En 2002 uniuse ao equipo do radar de apertura sintética da Cassini.

Recoñecementos

editar
  • 2007: deu nome a unha base experimental de foguetes, na cidade de Bezerros, Pernambuco.[4]
  • NASA Exceptional Service Award (2007)[1]
  • Girl Scouts of America WINGS (Women Inspiring Next Generations) (2007)[1]
  • Fellow - American Association for the Advancement of Science (2007)[1]
  • Medalha Women at Work (2006)[1]
  • Medalla Carl Sagan - American Astronomical Society, Division for Planetary Sciences (2005)[1]
  • JPL Excepcional Excelencia Técnica, Galileo Planificación Ciencia e Equipo de Operaciones (2002)[1]
  • GEMS Woman of the Year in Science and Technology - GEMS Television, Miami (1997)[1]
  • Latinas in Science Award - From the Comisión Feminil Mexicana Nacional (1990)[1]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Planetary Science: People Arquivado 27 de maio de 2010 en Wayback Machine.. JPL/NASA
  2. Entrevista. The Volcano Adventure Guide
  3. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 5 de septiembre de 2013. Consultado o 20 de agosto de 2013. 
  4. Cientista brasileira da Nasa ministra palestra na Católica. Boletim Unicap, 6 de noviembre de 2007

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar