Rosalía (nome)

nome feminino

Rosalía[1] é un nome propio feminino galego. A súa etimoloxía é discutida. En galego ten os hipocorísticos son Rosa e Chelía.[1]

Sinatura de Rosalía de Castro.

En xaneiro de 2023 existían 1.722 mulleres en Galicia co nome Rosalía, cunha media de idade de 52,8 anos.[2]

Etimoloxía

editar

A súa etimoloxía é discutida.[1] Porén, a hipótese máis recorrida explícao como un nome de orixe xermánica, composto de hraustr ‘valente’ ou rausn ‘gloria, fama’ xunto cunha forma -lîn.[1] Segundo Tagliavini, esta hipótese refórzase pola natureza xermánica de santa Rosalía de Palermo, nada no século XII.[1]

O seu uso está documentado dende o século IX,[1] mais a popularidade en cativas galegas durante o século XX e XXI débese, en boa medida, á figura de Rosalía de Castro.[3]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar