Rosa Bassave
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Rosa Bassave Roibal, nada na Coruña o 30 de marzo de 1954 e finada en Santiago de Compostela o 10 de setembro de 2012, foi unha militante anarcosindicalista galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de marzo de 1954 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 10 de setembro de 2012 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, bibliotecaria ![]() |
Traxectoria
editarLogo de traballar nunha fábrica do sector eléctrico, casou ós dezaoito anos con Alberto de Esteban Gracia, emigrando a Barcelona, Inglaterra (onde traban relación con Miguel García e nacionalistas galegos) e París, onde traballa na hostalería. De regreso a Santiago de Compostela, remata a carreira de Historia na USC e comeza a militar na UPG e no seu sindicato revolucionario de estudantes. Formou parte da executiva de ANPG en 1976 e do BNPG 1977, pero logo de fortes discrepancias integrouse no movemento libertario. En 1979 créase a Federación Anarco-comunista Galega e o Colectivo Libertario Arco da Vella.
Posteriormente participa activamente na refundación do sindicato CNT en Compostela, sendo elixida secretaria xeral en 1990 e 2002 e tesoureira en varias ocasións. Tamén participa no Ateneu Libertário de Compostela e na asociación Mulleres Libres, así como na radio Kalimero. En 2005 foi elixida secretaria xeral da Confederación Rexional Galaica da CNT.
Asidua conferenciante, colaborou en publicacións como Arco da Vella (baixo o pseudónimo de María Balteira), (A)narquista, Andaina, CNT, Festa da Palabra Silenciada, Marea Negra, A Nosa Terra, Outrasvozes, ou A Protesta. Bibliotecaria da USC desde 1986, tamén colaborou en revistas profesionais de bibliotecas.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Íñiguez, Miguel: Enciclopedia histórica del anarquismo español (tomo 1); Vitoria, 2008. ISBN 978-84-612-4219-1