Rolf Lederbogen
Rolf Lederbogen, nado en Hann. Münden, Baixa Saxonia, o 17 de marzo de 1928, e finado en Heidelberg o 4 de xuño de 2012, foi un deseñador e arquitecto alemán, coñecido por ser o creador dos anversos nacionais das moedas de 1, de 2 e de 5 céntimos de euro alemás.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de marzo de 1928 ![]() Hann. Münden, Alemaña ![]() |
Morte | 4 de xuño de 2012 ![]() Heidelberg, Alemaña ![]() |
Educación | Kunsthochschule Kassel (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Karlsruhe (1960–) Colonia (1952–) Ettlingen ![]() |
Ocupación | arquitecto, deseñador de selos, profesor universitario, deseñador gráfico ![]() |
Empregador | Karlsruher Institut für Technologie (1960–1993) ![]() |
Membro de |
Traxectoria
editarFormación e carreira académica
Logo de concluír o seu ensino secundario, Lederbogen cursou estudos superiores artísticos na Escola de Belas Artes de Kassel entre 1947 e 1952, con profesores como Heinrich Lauterbach, Hans Leistikow, Hermann Mattern e Ernst Röttger.[2]
A partir da súa graduación en 1952 traballou como deseñador gráfico e arquitecto independente en Colonia.[2]
No ámbito académico, en 1956, Lederbogenen comezou a exercer a docencia da materia de Fundamentos da Arquitectura no Instituto Tecnolóxico de Karlsruhe, a partir de 1960 como profesor titular.[1] De 1974 a 1975 foi profesor invitado na Universidade de Dortmund e en 1991 foi profesor visitante na Universidade de Coímbra. Logo do seu retiro en 1993[1] foi nomeado profesor emérito.[2]
Obra artística
editarAínda que os seus deseños de selos postais e dos anversos nacionais das moedas divisionarias alemás do euro (de 1, 2 e 5 céntimos)[3] acadaron unha maior difuisión e un gran recoñecemento,[4][5] Lederbogen traballou tamén como deseñador de interiores e de exposicións, e participou en varios proxectos de construción en Alemaña. Igualmente, como fotógrafo realizou exposicións en Alemaña e en Portugal e publicou varios libros. O seu extenso arquivo atópase no Arquivo de Arquitectura e Enxeñaría Civil do Suroeste de Alemaña.[2]
Desde 1953, Rolf Lederbogenen foi membro da Asociación de Deseñadores Gráficos Alemáns.[2]
Escolma de traballos
editar-
Selo postal (1981).
-
Selo postal (1973).
-
Sendeirismo. Selo emitido o 15 de maio de 1974, cun prezo de 30 pfennig.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Rolf Lederbogen (1928-2012)". saai.kit.edu (en alemán). 8 de marzo de 2021. Consultado o 7 de abril de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Rolf Lederbogen (1928-2012)". Archiv für Architektur und Ingenieurbau. Karlsruher Institut für Technologie.
- ↑ "Der Karlsruher 'Cent-Macher'". En Ka-news.de. 21 de novembro de 2001.
- ↑ Selos postais deseñados por Lederbogen. Colnect.com
- ↑ Moedas deseñadas por Lederbogen. Numista.com
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rolf Lederbogen |