Roger Ashton-Griffiths
Roger Ashton-Griffiths, nado o 19 de xaneiro de 1957 en Hertfordshire, é un actor, director de cine e escritor inglés.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xaneiro de 1957 (68 anos) Hertfordshire, Reino Unido |
Educación | Lancaster University Universidade de East London Altrincham Grammar School for Boys (en) Furness College, Lancaster (en) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, actor de teatro, actor de cinema, cantante de ópera, guionista, actor de televisión |
Período de actividade | 1982 - |
Membro de | |
Instrumento | Voz |
Traxectoria
editarGraduouse na Universidade de Lancaster e na Universidade de East London. Comezou a súa carreira como cantante coa Ópera Nacional de Inglaterra no Coliseo de Londres.
Ten aparecido en numerosos filmes, entre os que se inclúen The Brothers Grimm e Brazil de Terry Gilliam, Destino de cabaleiro, Gangs of New York de Martin Scorsese, Pirates de Roman Polanski, The Cook, the Thief, His Wife and Her Lover de Peter Greenaway e You Will Meet a Tall Dark Stranger de Woody Allen.
Tamén traballou moito en televisión, incluíndo Margaret e The Tudors (2009).
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roger Ashton-Griffiths |