Rodolfo Rodríguez
Rodolfo Sergio Rodríguez Rodríguez, nado o 20 de xaneiro de 1956 en Montevideo, é un exfutbolista uruguaio. Xogaba na posición de porteiro e foi internacional coa selección uruguaia, sendo o xogador que máis veces vestiu a camisola nacional.
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Rodolfo Sergio Rodríguez Rodríguez ![]() 20 de xaneiro de 1956 ![]() Montevideo, Uruguai ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 190 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 90 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1971 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Uruguai ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1986 | Mundial de Fútbol México 1986 ![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() |
Traxectoria
editarComezou a súa carreira en Cerro en 1971, sendo transferido a Nacional en 1976. No equipo do Parque Central Rodríguez xogou até 1984, obtendo o Campionato Uruguaio de Fútbol de 1977, 1980 e 1983, a Copa Liberadores 1980 e a Copa Intercontinental de 1980, consagrándose como un dos mellores porteiros da historia do equipo tricolor.
En 1984, Rodríguez foi vendido ao Santos do Brasil, club co que gañou o Campionato Paulista de 1984. Permaneceu no equipo de Pelé até 1987, converténdose nun dos grandes ídolos da afección. En 1986 foi convocado para xogar na súa selección o Mundial de México 1986, pero unha grave lesión na xira previa deixouno sen disputar o Mundial.
En 1987 Rodríguez pasa a xogar no fútbol europeo, máis precisamente no Sporting de Lisboa, club no que estivo até 1989. En 1990, Rodríguez retorna ao Brasil para xogar en Portuguesa, e en 1992 firma co Bahia, equipo co que gaña o Campionato Baiano en 1993 e no ano do seu retiro do fútbol, 1994.
Selección nacional
editarCoa selección celeste, gañou a Copa de Ouro en 1980, e a Copa América de 1983. Formou parte do cadro uruguaio que disputou a Copa Mundial de Fútbol de 1986, pero non puido xogar ningún partido, por estar lesionado. Rodolfo Rodríguez é o futbolista con máis presenzas na selección de fútbol do Uruguai ao disputar 78 encontros, recibindo 69 goles.
Participaciones en Copa América
editarCopa | Sede | Resultado | PX (G) |
---|---|---|---|
Copa América 1979 | Sen sede fixa | Primeira fase | 4 (-5) |
Copa América 1983 | Sen sede fixa | Campión | 8 (-6) |
Palmarés
editarCampionatos rexionais
editarTítulo | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Campionato Paulista | Santos | Brasil | 1984 |
Campionato Baiano | Bahia | Brasil | 1993 |
Campionatos nacionais
editarTítulo | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Primeira División do Uruguai | Nacional | Uruguai | 1977 |
Primeira División do Uruguai | Nacional | Uruguai | 1980 |
Primeira División do Uruguai | Nacional | Uruguai | 1983 |
Copas internacionais
editarTítulo | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Suramericano Sub-20 | Selección xuvenil do Uruguai | 1975 | |
Copa Libertadores | Nacional | Uruguai | 1980 |
Copa Intercontinental | Nacional | Uruguai | 1980 |
Copa de Ouro | Selección de fútbol do Uruguai | 1980 | |
Copa América | Selección de fútbol do Uruguai | 1983 |