Roberto Martínez de Andrade
poeta galego
Roberto Martínez de Andrade, nado en Monforte de Lemos en 1918 e finado en 1978, foi un poeta galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1918 Monforte de Lemos, España |
Morte | 1978 (59/60 anos) Monforte de Lemos, España |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Traxectoria
editarMarchou a Madrid en 1935 para estudar medicina, carreira que non concluíu. Participou na guerra como médico dentro do Exército do Sur de Queipo de Llano. En 1942 comezou as súas colaboracións como comentarista musical para Radio Nacional de España e publicou artigos en varias publicacións. En 1947 regresou a Monforte para ocuparse da farmacia da familia. A finais dos anos cincuenta fixo amizade con Uxío Novoneyra. É autor do libro Esta é unha pequena hestoria de amor e de noites publicado en 1984 polo Concello de Monforte.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dopico, Montse, e Antón R. López (eds.) (2012 [2011]). “Roberto Martínez Andrade”. Galicia Hoxe. Revista das Letras: 862 (28 de abril). Reedición en poesiagalega.org.Arquivodepoéticascontemporáneasnacultura.
- Rodríguez Porto, Ramón (2018). Roberto Martínez de Andrade. Poeta da noite.