Roberto I de Borgoña
Roberto I de Borgoña, chamado o Vello, nado en París en 1011 e finado en Fleurey-sur-Ouche o 21 de marzo de 1076. Príncipe francés da dinastía dos Capetos e primeiro duque de Borgoña da dita casa, conde de Charolais e Langres (1027) e conde de Auxerre (1040 - 1060).
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (fr) Robert I le Vieux ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1011 ![]() París, Francia ![]() |
Morte | 21 de marzo de 1076 (Gregoriano) ![]() Fleurey-sur-Ouche, Francia ![]() |
Lugar de sepultura | Saint-Seine-l'Abbaye ![]() |
Actividade | |
Ocupación | monarca ![]() |
Outro | |
Título | Duque de Borgoña (1032 (Gregoriano)–1076 (Gregoriano)) ![]() |
Familia | Casa de Borgoña ![]() |
Cónxuxe | Ermengarda de Anjou (1055 (Gregoriano)–) Helena de Semur (1038 (Gregoriano)–) ![]() |
Fillos | Simon de Bourgogne ( ![]() Hugues de Bourgogne ( ![]() Henrique de Borgoña ( ![]() Robert de Bourgogne ( ![]() Costanza de Borgoña ( ![]() Hildegarda de Borgoña ( ![]() ![]() |
Pais | Roberto II de Francia ![]() ![]() |
Irmáns | Adela de França Hedwig of France, Countess of Nevers Hugo II de Francia Henrique I de Francia ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Biografía
editarOrixes familiares
editarFillo do rei de Francia Roberto II o Piadoso e de Costanza de Arlés. Terceiro representante da dinastía dos Capetos, foi neto de Hugo Capeto (938 - 996) e Adelaida de Aquitania (952 - 1004). Foi irmán dos reis Hugo de Francia e Henrique I de Francia.
Ascenso ao ducado de Borgoña
editarA principios do ano 1032, á morte do seu irmán máis vello Hugo de Francia e instigado pola súa nai que desexaba darlle o trono, enfrontouse ao seu irmán e soberano, Henrique I, pero Roberto foi derrotado nunha gran batalla que tivo lugar preto de Villeneuve-Saint Georges. A súa nai Costanza negociou entón a paz coa condición de que a Roberto se lle concedese o ducado de Borgoña, pero o conde de Champaña, Eudes, non estivo de acordo co trato, pois esas terras lle foran concedidas pola raíña para que apoiase os seus intereses. Henrique derrotou a Eudes de Champaña en tres ocasións sucesivas.
Nupcias e descendentes
editarEn 1033, casou en primeiras nupcias con Hélie de Semur (1016 - 1056), filla de Dalmace, señor de Semur, e de Aremburga de Vergy. Roberto tiña un carácter violento. En 1048, dominado pola cólera, no medio dunha discusión matou a Dalmace de Semur, o seu sogro. Uns soldados de Roberto asasinaron tamén ao seu cuñado, Jocerand de Semur. O duque pagou os seus crimes peregrinando a Roma e construíndo a igrexa de Semur-en-Auxois. No pórtico esquerdo da igrexa, existen uns relevos escultóricos onde se describen os asasinatos do duque Roberto.
Deste matrimonio naceron:
- Hugo (1034 - 1059), morreu asasinado nunha pelexa co conde Guillerme I de Nevers, de Auxerre e de Tonerre.
- Henrique de Borgoña, coñecido como «o Doncel», herdeiro do seu pai, morreu antes de poder sucedelo. O ducado pasou ao seu fillo Hugo.
- Roberto de Borgoña (1040-1113) foi o destinado polo seu pai para herdar o ducado, pero foi desposuído polo seu primo Hugo. O 5 de agosto de 1087 atopouse en León co seu primo Eudes; de alí pasou a Sicilia onde casou coa filla de Roxerio I, conde de Sicilia.
- Simón de Borgoña (1044 - 1088) seguiu a sorte do seu irmán Roberto, e non aparece na Historia.
- Costanza de Borgoña (1046 - 1093), casou primeiro con Hugo II de Chalon, que morreu en España en 1065, e despois con Afonso VI o Bravo, rei de León. Reinou até a súa morte en 1093 e foi nai de Urraca I de León, que sucedeu ao seu pai no trono leonés.
En 1046, repudiou a Hélie e casou en 1048 con Ermengarda de Anjou, filla do conde Fulco III de Anjou, conde de Anjou, e de Hildegarda de Sundgau.
Desta unión naceu unha filla
- Hildegarda de Borgoña (1050 - 1104), casada en 1068 co conde Guillerme VIII de Poitiers, duque de Aquitania.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Jean Richard, Les ducs de Bourgogne et la formation du duché du XIe au XIVe siècles, Société Les Belles Lettres, París, 1954.
- Ernest Petit, Histoire des ducs de Bourgogne de la race capétienne, París, 1885.
- Maurice Chaume, Les origines du duché de Bourgogne, Académie des Sciences, Arts et Belles Lettres, 1925.
- Eugène Jarry, Formation territoriale de la Bourgogne. Essai de géographie historique, París, 1948.