Chuny Bermúdez
Roberto Bermúdez de Castro Muñoz, coñecido como “Chuny”, nado na Coruña o 1 de marzo de 1970, é un regatista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Roberto Bermúdez de Castro Muñoz ![]() 1 de marzo de 1970 ![]() A Coruña, España ![]() |
Altura | 170 cm ![]() |
Peso | 80 kg ![]() |
Actividade | |
Ocupación | regatista ![]() |
Deporte | vela ![]() |
Gañou a Volvo Ocean Race 2014–15, como temoneiro e trimer do iate Azzam, do equipo emiratí Abu Dhabi Ocean Racing Team, patrocinado por Ian Walker, converténdose no segundo regatista español en gañar a volta ao mundo por equipos en 40 anos de historia, despois de Joan Vila, que o fixera na 2001-02 a bordo do Illbruck.[1] Competiu nos Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas, obtendo un décimo posto na clase Star.
Traxectoria
editarChuny comezou a vela na clase Optimist cos seus catro irmáns e con seu pai, que era mariño mercante, no Real Club Náutico da Coruña. Pronto destacou e pasou a navegar en Laser, 470 e Snipe, clase na que acadou o seu primeiro éxito proclamándose campión de España e gañando o Trofeo Su Majestad el Rey en 1991. Foi entón cando recibiu a chamada de Javier de la Gándara para incorporarse á tripulación do Galicia 93 Pescanova e participar na Whitbread Round the World Race 1993-94. Estaba estudando Enxeñería Industrial, pero incorporouse en canto rematou os exames.[2]
Voltas ao mundo
editarAdemais da súa primeira participación co Galicia 93 Pescanova na edición 1993-94, participou noutras seis edicións, o que o converte, con sete, no español con maior número de edicións disputadas:
- 1993-94, no Galicia 93 Pescanova.
- 2001-02, no Assa Abloy.
- 2005-06, no Brasil 1.
- 2008-09, no Team Delta Lloyd.
- 2011-12, no CAMPER co Emirates Team New Zealand.
- 2014-15, no Abu Dhabi Ocean Racing Team.
- 2017-18, no Team VESTAS 11th HOUR RACING
Copa América
editarFoi membro do equipo Copa América '95 Desafío Español na Copa América de 1995 e do Spanish Challenge na Copa América de 2000.
Xogos Olímpicos
editarCompetiu co equipo español nos Xogos Olímpicos de Atenas de 2004 na clase Star con Pablo Arrarte, clasificándose no décimo lugar.[3]
Notas
editar- ↑ "Chuny, segundo rey español de los océanos" (en castelán). 28 de xuño de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2021.
- ↑ "Chuny, el mejor de todos" (en castelán). 5 de xuño de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2021.
- ↑ Margalef, Josep (6 de novembro de 2014). "'Chuny' Bermúdez: una de las claves del triunfo del 'Azzam'". As (en castelán). Consultado o 10 de novembro de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha de Chuny no sitio web da Volvo Ocean Race 2014-15 (en castelán).
- Datos do regatista no sitio web do Comité Olímpico Internacional (en inglés).