Roberto Alonso Díaz
guerrilleiro antifranquista galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Roberto Alonso.
Roberto Alonso Díaz, coñecido como Barbas, nado en Cienfuegos (Cuba) en 1913 e finado en 1948, foi un guerrilleiro galego antifranquista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1913 ![]() Provincia de Cienfuegos, Cuba ![]() |
Morte | 1948 ![]() Lugo, España ![]() |
Causa da morte | execución extraxudicial ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFillo de pais galegos de Vilalba, naceu na emigración cubana en Cienfuegos. Retornou a Galicia e participou na Guerra Civil no bando republicano onde acadou o grao de sarxento.[1] Botouse ao monte tras a caída do Fronte Norte en 1937 e organizou o seu propio grupo guerrilleiro con base na Serra de Meira e que actuaba entre Mondoñedo e Vilalba. Tiña como lugartenente a Perfecto Requeijo Rouco "O Tarrelo". Ambos acompañaron nalgunhas accións a Luís Trigo Chao "O Guardarríos". Detido en Lugo, en xaneiro de 1948,[1] sometérono a tortura para que revelase onde se agochaba a súa partida e logo matárono.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. p. 165. ISBN 84-7507-320-4.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. p. 165. ISBN 84-7507-320-4.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.