Roberto Álvarez Fernández
Roberto Álvarez Fernández, nado en Gozón (Asturias)[1] o 25 de abril de 1955 e finado neste mesmo municipio o 16 de agosto de 2019[2][1][3], foi un político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de abril de 1955 Gozón, España |
Morte | 16 de agosto de 2019 (64 anos) Gozón, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
14 de febreiro de 1995 – 9 de xaneiro de 1996 ← Ventura Pérez Mariño Lexislatura: V lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo Electo en: Eleccións Xerais 1993 en España | |
Alcalde de Cervo | |
1987 – 1999 | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Traxectoria
editarOperador de control de INESPAL, trasladouse a Cervo para traballar na fábrica desta empresa en San Cibrao. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Cervo e foi portavoz do grupo na oposición. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou novamente a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde ó obter maioría simple, gobernando en minoría. Nas municipais de 1991 foi reelixido alcalde, agora con maioría absoluta. Nese mandato produciuse o proceso de segregación de Burela do concello de Cervo, o cal culminou en decembro de 1994.
Foi deputado no Congreso na V Lexislatura (1993-1996), dende febreiro de 1995 ata xaneiro de 1996, substituíndo ao xurista Ventura Pérez Mariño. Nas municipais de 1995 volveu a ser reelixido alcalde con maioría absoluta.
En 1999 foi superado por un estreito marxe polo PPdeG, se ben tiña a opción de conervala alcaldía co apoio dos 2 concelleiros do BNG. Porén, a negativa dun deles a apoiala súa continuidade supuxo que os populares asumisen a alcaldía como lista máis votada. En 2003 foi denunciado por malversación de fondos públicos e prevaricación polo PPdeG, pero foi exculpado pola Audiencia de Lugo en 2007[4]. Tras deixa-la política activa, reincorporouse ao seu posto en Alcoa-San Cibrao como operador de control.
Dende 2004 ata o seu falecemento en 2019 residiu en Gozón, onde participou na vida da agrupación local do Partido Socialista nese municipio.
Predecesor: Marcelino Andía |
Alcalde de Cervo 1987 - 1999 |
Sucesor: José Ínsua Pernas |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Fallece el gozoniego Roberto Álvarez, exalcalde de Cervo y diputado socialista". lne.es (en castelán). 16-8-2019. Consultado o 18-8-2019.
- ↑ Serantes, S. (16-8-2019). "Muere Roberto Álvarez, exdiputado en el Congreso y alcalde de Cervo de 1987 a 1999". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 18-8-2019.
- ↑ González Rey, Ramón (16-8-2019). "Falece aos 64 anos Roberto Álvarez, alcalde de Cervo entre 1987 e 1999". xornaldamaria-tkb.gal. Consultado o 18-8-2019.
- ↑ La Audiencia de Lugo exculpa de todos los delitos al socialista de Gozón Roberto Álvarez
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |