Robert Malcolm Ward Dixon
Robert Malcolm Ward Dixon, nado en Gloucester, Inglaterra o 25 de xaneiro de 1939,[1] é un lingüista británico, profesor de lingüística no Cairns Institute, James Cook University, Queensland, e anteriormente director do Research Centre for Linguistic Typology na Universidade da Trobe, Melbourne, Australia.[2]
Nome orixinal | (en) Robert M. W. Dixon |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de xaneiro de 1939 (86 anos) Gloucester, Reino Unido |
Educación | Nottingham High School (en) Universidade Nacional Australiana |
Actividade | |
Lugar de traballo | Melbourne |
Ocupación | lingüista |
Empregador | Universidade James Cook (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Alexandra Aikhenvald |
Premios | |
Áreas de investigación
editarDixon investigou en moitas áreas da teoría lingüística e realizou traballos de campo, tanto con falantes de linguas aborixes de Australia como na Amazonia. Publicou gramáticas do dyirbal[3] e o yidiny,[4] así como de linguas non australianas como o Boumaa Fidxi[5] e o jarawara.[6]
En lingüística histórica, Dixon caracterizouse por ter unha postura moi firme e intrasixente respecto ó rigor preciso para aceptar o parentesco entre diferentes grupos de familias, rexeitando por completo a maioría de macrofamilias propostas alegando que as probas non son concluíntes.[7] No eido da lingüística australiana rexeita radicalmente que as linguas pama-nyunganas formen unha familia lingüística ben estabelecida, argumentando que algunhas das semellanzas son o resultado da difusión lingüística e non unha mostra de parentesco xenético xenuíno. Tamén rexeita o uso do modelo de árbore filoxenética en moitas circusntancias, argumentando que só en certas ocasións devandito modelo é unha representación aceptable. Propuxo un modelo de evolución lingüística baseado no modelo de equilibrio puntuado da bioloxía evolucionista, defendendo que ese é o modelo correcto para explicar a diversificación das linguas aborixes australianas e amazónicas. A súa obra The Rise and Fall of Languages discute polo miúdo esas propostas.[8] Aínda que ese traballo foi criticado por algúns australianistas máis tradicionais.[9]
Notas
editar- ↑ Robert Malcolm Ward Dixon - Curriculum Vitae. "Copia archivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de setembro de 2008. Consultado o 25 de xullo de 2018.
- ↑ Professor R. M. W. Dixon (páxina web de the James Cook University)
- ↑ Dixon, R.M.W. 1972. The Dyirbal language of North Queensland ( Cambridge Studies in Linguistics, 9). Cambridge: Cambridge University Press.
- ↑ Dixon, R.M.W. 1977. A grammar of Yidiny (Cambridge Studies in Linguistics, 19). Cambridge: Cambridge University Press.
- ↑ Dixon, R.M.W. 1988. A grammar of Boumaa Fijian. Chicago: University of Chicago Press.
- ↑ Dixon, R.M.W. 2004. The Jarawara language of southern Amazonia. Oxford: Oxford University Press.
- ↑ Wurm S.A. 1972 Languages of Australia and Tamania p.36
- ↑ Dixon, R.M.W. 1997. The rise and fall of languages, Cambridge University Press.
- ↑ Bowern, Claire and Harold Koch (eds) 2004. Australian Languages: Classification and the Comparative Method. Amsterdam: John Benjamins