Robert B. Weide
Robert B. Weide, nado o 20 de xuño de 1959 en Orange County (Estados Unidos), é un cineasta estadounidense. Gañador de tres premios Emmy, foi nomeado ao Oscar á mellor longametraxe documental na edición de 1999 polo seu traballo en Lenny Bruce: Swear to Tell the Truth.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xuño de 1959 ![]() Condado de Orange, Estados Unidos de América ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América ![]() |
Ocupación | guionista, director de cinema, produtor de cinema, produtor de televisión ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Filmografía
editar- 1982: The Marx Brothers in a Nutshell (documental; tamén guión)
- 1984: The Great Standups (documental; tamén guionizado e dirixido)
- 1986: W. C. Fields: Straight Up (documental; tamén guión)
- 1986: But Seriously, Folks (curtametraxe; tamén montaxe)
- 1987: Billy Crystal: Don't Get Me Started - The Lost Minutes (curtametraxe; tamén montaxe e guión)
- 1989-2012: American Masters:
- 1989: Mort Sahl: The Loyal Opposition (tamén edición, escritura e dirección)
- 2011+2012: Woody Allen: A Documentary (tamén montaxe, guión e dirección)
- 1992: Mastergate (película para televisión; produtor executivo)
- 1996: Shadow of Guilt (Mother Night, tamén guión)
- 1998: Lenny Bruce: Swear to Tell the Truth (documental; tamén monta, escribe e dirixe)
- 1999: Larry David: Curb Your Enthusiasm (película para televisión, produtor e director supervisor)
- 1999–2005: Leave it, Larry! (Curb Your Enthusiasm) (serie de televisión, 51 episodios, tamén dirixidos 27 episodios)
- 2005: Earth to America (película para televisión; director)
- 2008: New York for Beginners (How to Lose Friends & Alienate People; Dirixido e apareceu como invitado á festa)
- 2012: Parks and Recreation – Dave Returns (serie de televisión, 1 episodio; director)
- 2014: Mr. Sloane (serie de televisión, 6 episodios; tamén dirixida)
- 2014: The Giver (guión)
- 2014: Marry Me - Annicurser-Me (serie de televisión, 1 episodio; director)
- 2015: Kurt Vonnegut: American Made (documental; tamén guión e director)
Meme
editarDesde 2008 circularon moitos vídeos que remataban coa alusión nos créditos a Robert B. Beide.[2] Mesmo que ás veces os memes en xeral non teñen moito sentido, nesta ocasión todo comezou cun dos capítulos que fixo para Larry David. Curb your enthusiasm'. Na serie, Larry David interpreta un sucedáneo de si mesmo que se enfronta a contratempos da vida diaria. O detalle máis típico da serie é que ao final de cada episodio, co personaxe malparado, faise un 'zoom' á súa cara e soa a música 'Frolic do músico pianista Luciano Michelini. Como o propio David dixo sobre a canción: "De certa maneira xa te fas á idea de que vas a experimentar algo bastante idiota" así é que se fala do 'efecto Frolic'[3], pois a melodía é parte fundamental do meme.[4]
Durante o goberno de Trump o meme espallouse moito, e en 2020, durante a pandemia de COVID-19, con moitos lugares do mundo en confinamento obrigatorio, converteuse en fenómeno masivo, [5] en vídeos de situacións insólitas ou absurdas, escenas reais que parecen propias da ficción.
Notas
editar- ↑ "Indicados ao Oscar 1999 (the 70th Academy Awards)". 23 de janeiro de 2018. Consultado o 23 de janeiro de 2018.
- ↑ "Curb Your Enthusiasm Theme Remixes". Know Your Meme. Consultado o 2022-01-26.
- ↑ ""Frolic Effect" in The Lord of the rings".
- ↑ Nuño, Ada (2020-12-03). "El origen del 'meme' del director Robert B. Weide". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2022-01-26.
- ↑ "No no no. For God's sake. Stop it". Twitter de Robert B. Weide. Consultado o 26-1-2022.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert B. Weide |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Robert B. Weide na IMDb (en inglés).Portal cine