Riesen Ludwigsburg
O Riesen Ludwigsburg (do alemán: Xigantes de Ludwigsburg), coñecido por motivos de patrocinio como MHP Riesen Ludwigsburg, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Ludwigsburg, Saxonia. Fundado en 1960, actualmente compite na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano. O equipo xoga os seus partidos como local no MHPArena, pavillón con capacidade para 5 325 espectadores.[1]
Riesen Ludwigsburg | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BBL |
Fundación | 1960 |
Historia | DJK Ludiwgsburg (1960–1970) SpVgg 07 Ludwigsburg (1970–1987) BSG Basket Ludwigsburg (1987–2012) |
Cores | Amarelo, negro |
Presidente | Alexander Reil |
Adestrador | John Patrick |
Patrocinador | MHP |
Localización | |
Cidade | Ludwigsburg, Alemaña |
Pavillón | MHPArena |
Capacidade | 5 325 |
Inauguración | 1 de outubro de 2009 |
mhp-riesen-ludwigsburg.de |
Historia
editarO Riesen Ludwigsburg foi fundado en 1960 como a sección de baloncesto do club polideportivo DJK Ludwigsburg. Na temporada 1979–80, o equipo ascendeu por vez primeira á máxima categoría, a Basketball Bundesliga. Entre 1970 e 1987, o club foi coñecido como SpVgg 07, xa que formaba parte do club polideportivo SpVgg Ludwigsburg. En 1987, o equipo separouse de SpVgg e pasou a chamarse BSG Basket Ludwigsburg. En 2008, o Ludwigsburg chegou á final da Copa de Alemaña por primeira vez, mais perdeu contra os Artland Dragons por 60-74.
Na temporada 2016–17, o Ludwigsburg participou na temporada inaugural da Basketball Champions League (BCL), onde foi eliminado por tan só no conxunto da eliminatoria dos cuartos de final polo Banvit turco. Esta campaña marcou a mellor actuación europea do equipo na súa historia, xa que era a primeira vez que chegaban aos play-offs dunha competición europea. Na temporada 2017-18, o Ludwigsburg mellorou esa actuación ao chegaren á Final Four da BCL. O equipo conseguira eliminar ao Oldenburg en oitavos de final (162−149) e ao medi Bayreuth en cuartos (170−163).[2] Con todo, o Ludwigsburg perdeu en semifinais contra o AS Monaco por 65−87. No xogo polo terceiro posto o equipo perdeu por 74−85 ante o UCAM Murcia. O 19 de xullo de 2019, David McCray, que estaba no club desde 2015, anunciou a súa retirada, sendo o seu número 4 o primeiro dorsal retirado na historia do club.[3] A temporada 2019-20 alterouse debido á pandemia de COVID-19 e, nun torneo final a porta pechada en Múnic, o Luwdigsburg alcanzou a súa primeira final da liga alemá, aínda que perderon ante o Alba Berlin en dous partidos.
Patrocinadores
editarAo longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:
- DJK Ludwigsburg (1960–1970)
- SpVgg 07 Ludwigsburg (1970–1987)
- BG Ludwigsburg (1987)
- BSG Basket Ludwigsburg (1987–2012)
- EnBW Ludwigsburg (2012)
- Neckar Riesen Ludwigsburg (2012–2014)
- MHP Riesen Ludwigsburg (2014–presente)
Temporadas
editarAno | Nivel | Liga | Pos. | Copa | Europa | |
---|---|---|---|---|---|---|
1985–86 | 2 | 2. BBL | 1º | |||
1986–87 | 1 | Bundesliga | 10º | |||
1987–88 | 1 | Bundesliga | 8º | |||
1988–89 | 1 | Bundesliga | 6º | |||
1989–90 | 1 | Bundesliga | 7º | 3 Copa Korać | R1 | |
1990–91 | 1 | Bundesliga | 7º | 3 Copa Korać | R2 | |
1991–92 | 1 | Bundesliga | 1º | 3 Copa Korać | R3 | |
1992–93 | 1 | Bundesliga | 3º | 3 Copa Korać | R32 | |
1993–94 | 1 | Bundesliga | 5º | 3 Copa Korać | R1 | |
1994–95 | 1 | Bundesliga | 5º | |||
1995–96 | 1 | Bundesliga | 12th | |||
1996–97 | 1 | Bundesliga | 14º | |||
1997–98 | 2 | 2. BBL | 5º | |||
1998–99 | 2 | 2. BBL | 2º | |||
1999–00 | 3 | Regionalliga | 1º | |||
2000–01 | 2 | 2. BBL | 5th | |||
2001–02 | 2 | 2. BBL | 1º | |||
2002–03 | 1 | Bundesliga | 12º | |||
2003–04 | 1 | Bundesliga | 13º | |||
2004–05 | 1 | Bundesliga | 8º | Terceiros | ||
2005–06 | 1 | Bundesliga | 6º | |||
2006–07 | 1 | Bundesliga | 2º | Terceiros | ||
2007–08 | 1 | Bundesliga | 13º | Subcampións | 2 ULEB Cup | RS |
2008–09 | 1 | Bundesliga | 11º | |||
2009–10 | 1 | Bundesliga | 11º | |||
2010–11 | 1 | Bundesliga | 9º | |||
2011–12 | 1 | Bundesliga | 16º | |||
2012–13 | 1 | Bundesliga | 17º | |||
2013–14 | 1 | Bundesliga | 8º | |||
2014–15 | 1 | Bundesliga | 8º | |||
2015–16 | 1 | Bundesliga | 6º | 2 Eurocup | R32 | |
2016–17 | 1 | Bundesliga | 8º | Semifinalista | 3 Champions League | CF |
2017–18 | 1 | Bundesliga | 3º | Rolda de clasificación | 3 Champions League | 4º |
2018–19 | 1 | Bundesliga | 10º | Oitavos de final | 3 Champions League | TS |
2019–20 | 1 | Bundesliga | 2º | Oitavos de final | ||
2020–21 | 1 | Bundesliga | 3º | Fase de grupos |
Xogadores
editarDestacados
editar- Karim Jallow
- Markus Jochum
- Bertram Koch
- Konstantin Konga
- Jens Kujawa
- Zeddie Locke
- Goran Kalamiza
- Mark Montgomery
- Mike King
- Walter Palmer
- Peter Schomers
- Jerry Green
- Jon Brockman
- Coby Karl
- D. J. Kennedy
- Marcos Knight
- Royce O'Neale
- Mustafa Shakur
- Jaleen Smith
- Michael Stockton
- Andrius Giedraitis
- Donatas Zavackas
- Povilas Čukinas
- Matthew Bryan-Amaning
- Takumi Ishizaki
Notas
editar- ↑ "Die MHP Arena zu Ludwigsburg". bblprofis.de (en alemán). Consultado o 8 de agosto de 2021.
- ↑ "Sears leads MHP Riesen Ludwigsburg to Final Four with Leg 2 win in Bayreuth" [Sears leva ao MHP Riesen Ludwigsburg á Final Four coa vitoria na 2ª rolda en Bayreuth]. BCL (en inglés). 4 de abril de 2018. Consultado o 8 de agosto de 2021.
- ↑ "easyCredit – David McCray beendet seine Karriere" [David McCray remata a súa carreira]. easycredit-bbl.de (en alemán). 19 de xullo de 2019. Consultado o 8 de agosto de 2021.