Rick and Morty
Rick and Morty é unha serie de televisión estadounidense de animación creada por Justin Roiland e Dan Harmon para Adult Swim. A serie segue as desventuras dun científico, Rick, e o seu facilmente influenciable neto, Morty, quen pasan o tempo entre a vida doméstica familiar e as viaxes espaciais intergalácticos. Roiland é o encargado de darlle voz aos dous personaxes principais, tamén inclúe as voces de Chris Parnell, Spencer Grammer, e Sarah Chalke.
Rick and Morty | |
---|---|
Xénero | Ciencia ficción Sitcom animada Humor negro |
Creado por | Justin Roiland Dan Harmon |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 7 |
Episodios | 71 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Dan Harmon Justin Roiland James A. Fino Joe Russo II |
Produtor(es) | J. Michael Mendel Kenny Micka (piloto) |
Distribuidor | Warner Bros. Television |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Adult Swim |
Na rede | |
http://www.adultswim.com/videos/rick-and-morty/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
As orixes da serie atópanse nunha curtametraxe rudimentaria animada por Roiland para o festival de cine Channel 101, chamado Doc and Mharti, unha parodia dos principais protagonistas de Back to the Future. NBC despediu a Harmon por discusións entre el e os executivos da serie Community, e entón Roiland e Harmon desenvolveron unha serie baseada na película recentemente publicada.
Sinopse
editarRick Sánchez é a definición exacta de "científico tolo". É alcohólico, un xenio, é irresponsable, un pouco depresivo e é egoísta. Rick acaba de mudarse a casa da súa filla Beth e alí lembra que ten un neto chamado Morty. Sen preguntar a ninguén, decide que lle vai a obrigar a acompañarlle a todo tipo de aventuras para que o mozo vólvase intelixente como el e non se converta nun idiota como Jerry, pai de Morty e xenro de Rick. Así, Rick e Morty comezan a vivir aventuras interdimensionais grazas á súa pistola de portais coa que pode acceder a infinitas dimensións, malia que a familia non quere que o sigan facendo. Aos poucos teñen que tentar atopar un equilibrio entre a súa vida familiar e as súas viaxes a través do espazo e por distintas realidades paralelas, algo que non é fácil para o pequeno Morty que é incapaz de ter unha vida normal á marxe do seu avó.
Escritura
editarA fórmula xeral en Rick and Morty consiste na contraposición de dous escenarios que conflúen. Por unha banda móstranse as aventuras que vive un avó extremadamente egoísta e alcohólico polo vasto e descoñecido do espazo intergaláctico e/ou interdimensional, o cal arrastra ao seu neto para que o acompañe nas viaxes. Estas aventuras intercalanse en cada episodio con dramas domésticos familiares máis propios do xénero sitcom.[1][2] Dan Harmon describe esta fusión de ciencia ficción e ambiente familiar como unha mestura de influenzas entre as dúas obras de Matt Groening: Os Simpson e Futurama.[3] Por outro lugar, o coautor Justin Roiland comunicou a intención dos creadores de que a serie excedese a continuidade tradicional na televisión, optando así por storylines descontinuas, «non fixadas por regras». Roiland describe cada episodio como «[o seu] propio punto de vista».
Lista de temporadas
editarTemporada | Episodios | Inicio* | Final* |
---|---|---|---|
1 | 11 | 2 de decembro de 2013 | 14 de abril de 2014 |
2 | 10 | 26 de xullo de 2015 | 4 de outubro de 2015 |
3 | 10 | 1 de abril de 2017 | 1 de outubro de 2017 |
*Datas nos Estados Unidos
Notas
editar- ↑ Sepinwall, Alan (24 de marzo de 2014). "Dan Harmon interview, part 3: ‘Rick and Morty’, HitFix (en inglés)
- ↑ Czajkowski, Elise (12 de novembro de 2013). "Dan Harmon’s ‘Rick and Morty’ Premieres on Adult Swim on Dec. 2". Vulture.com (en inglés). Consultado o 15 de maio de 2019.
- ↑ Evans, Bradford (2 de decembro de 2013). "Talking to Dan Harmon and Justin Roiland About Their New Adult Swim Show, ‘Rick and Morty". Vulture.com (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2014.