Richard Matheson
Richard Matheson, nado en Allendale, Nova Jersey, o 20 de febreiro de 1926 e finado o 23 de xuño de 2013, é un escritor estadounidense de fantasía, ficción científica e horror.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de febreiro de 1926 ![]() Allendale, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 23 de xuño de 2013 ![]() Os Ánxeles, Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Universidade de Misuri Brooklyn Technical High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, novelista, guionista, escritor de ciencia ficción ![]() |
Período de actividade | 1950 ![]() ![]() |
Xénero artístico | Fantasía ![]() |
Pseudónimo literario | Logan Swanson ![]() |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército dos Estados Unidos de América ![]() |
Conflito | segunda guerra mundial ![]() |
Familia | |
Fillos | Richard Christian Matheson, Ali Marie Matheson, Chris Matheson ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFillo de inmigrantes noruegueses, criouse en Brooklyn e estudou na Brooklyn Technical School. Despois fixo o servizo militar como soldado de infantaría na segunda guerra mundial. En 1949 licenciouse en xornalismo pola Universidade de Missouri e en 1951 mudouse a California. Casou en 1952 e tres dos seus catro fillos (Chris, Richard Christian e Ali Matheson) tamén son escritores e guionistas.
Obra
editarMatheson iniciouse na literatura publicando os seus contos no diario Brooklyn Eagle. Xa en California, empezou a escribir relatos de fantasía, terror e ciencia ficción, publicados desde 1950 pola revista Magazine of Fantasy and Science Fiction. O seu primeiro conto publicado Borne of Man and Woman fíxoo inmediatamente famoso.
En 1954 apareceu a súa xa clásica novela I Am Legend, unha orixinal historia na cal o mundo sofre unha pandemia de vampirismo á que se ten que enfrontar un só home. En 1957 adaptou ao cine a súa novela The Shrinking Man, da cal resultou un filme de culto.
Tamén destacou como guionista de varios capítulos da serie televisiva Twilight Zone e da película de Steven Spielberg Duel, baseada nun relato seu.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Richard Matheson |