Richard Henkes
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2019.) |
Richard Henkes, nado o 26 de maio de 1900 en Ruppach-Goldhausen (distrito de Westerwald, Imperio Alemán) e finado o 22 de febreiro de 1945 no campo de concentración de Dachau, foi un sacerdote católico latino alemán vítima do nazismo.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de maio de 1900 ![]() Ruppach-Goldhausen, Alemaña ![]() |
Morte | 22 de febreiro de 1945 ![]() Campo de concentración de Dachau, Alemaña nazi ![]() |
Causa da morte | Febre tifoide ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, membro da resistencia ![]() |
Orde relixiosa | Sociedade do Apostolado Católico ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 21 de febreiro ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | pater-richard-henkes.de ![]() |
Traxectoria
editarRichard Henkes naceu o 26 de maio de 1900 na aldea de Ruppach en Westerwald, preto de Montabaur. Co propósito de ser misioneiro palotino no Camerún, en 1912 se trasladou á casa de estudos dos palotinos de Vallendar, da que foi nomeado director espiritual ao mesmo tempo Josef Kentenich. Henkes participou activamente na vida da Congregación Mariana alí fundada, e chegou a ser presidente da súa sección misioneira.
En 1918 foi chamado para facer o servizo militar en Darmstadt, e ao ano seguinte rematou os seus estudos secundarios e ingresou nos palotinos. En 1921 fixo a primeira consagración temporal, e logo de superar unha importante crise espiritual foi ordenado sacerdote en 1925 en Limburg an der Lahn. A partir de 1926 ensinou na escola dos palotinos de Schönstatt, entre abril de 1928 e setembro de 1929 en Drüpt, e posteriormente de novo en Schönstatt.