Richard Lionel Clarke, nado o 25 de xuño de 1949 en Dublín, é un eclesiástico da Igrexa de Irlanda (Comuñón Anglicana), dende 2012 arcebispo de Armagh e primado de dita igrexa.

Modelo:BiografíaRichard Clarke

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xuño de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Dublín, Irlanda Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo irlandés Editar o valor en Wikidata
RelixiónAnglicanismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónTrinity College Dublín
King's College de Londres Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou no Trinity College da Universidade de Dublín, e posteriormente no King's College de Londres. Foi ordenado diácono en 1975 e sacerdote en 1976. Exerceu o seu ministerio pastoral inicialmente en Holywood, durante dous anos, e posteriormente volveu a Dublín.

Foi elixido e consagrado bispo da diocese de Meath e Kildare en 1996. En 2012 foi elixido para suceder a Alan Harper como arcebispo de Armagh, e tomou posesión da sé o 15 de decembro de 2012.

Enviuvou en 2009. Ten dous fillos.