Richard Axel
Richard Axel, nado o 2 de xullo de 1946 en Brooklyn, Nova York, é un médico, investigador e profesor universitario estadounidense.
![]() (2014) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xullo de 1946 ![]() Brooklyn, Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Universidade Columbia Stuyvesant High School Johns Hopkins School of Medicine (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Neurobioloxía, neuroloxía e Fisioloxía ![]() |
Ocupación | bioquímico, neurólogo, profesor universitario ![]() |
Empregador | Johns Hopkins School of Medicine (en) ![]() Universidade Columbia Instituto Médico Howard Hughes ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Cornelia Bargmann ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() Medvik >>>:Axel, Richard, 1946-, ![]() ![]() |
Traxectoria
editarA finais da década de 1970, xunto co microbiólogo Saul J. Silverstein e o xenetista Michael H. Wigler, descubriu unha técnica de transformación xenética, un proceso que permite que un ácido desoxirribonucleico (ADN) foráneo se poida inserir nunha célula hóspede para producir certas proteínas.
Tamén é especialista do sistema olfactivo, e xunto con Linda B. Buck, acadou a clonación de receptores olfactivos, demostrando que proveñen da familia dos receptores adaptados da proteína G. Analizando o ADN de ratas estimaron que cando menos habería máis de mil xenes diferentes para os receptores olfactivos no xenoma dos mamíferos. Así mesmo, estudando a recepción olfactiva dos mamíferos e a Drosophila melanogaster observou unha semellanza incríbel entre estas especies que o levou a crer que os principios da discriminación do olor poden estar conservados durante uns 500 millóns de anos.
No 2004 foi galardoado, xunto con Linda B. Buck, co Premio Nobel de Medicina polas súas investigacións dos receptores e a organización do sistema olfactivo.