Ricardo Bescansa Martínez
empresario galego
Ricardo Bescansa Martínez, nado en Santiago de Compostela o 12 de marzo de 1912 e finado na mesma cidade o 3 de novembro de 1986, foi un empresario galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de marzo de 1912 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 3 de novembro de 1986 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFillo primoxénito de Ricardo Bescansa Castilla e Felisa Martínez Sampelayo.[1] Licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1933.[1] Unha viaxe a Lisboa descubriulle a televisión, e desde 1955 empezou a facer probas con antenas. En 1958 creou con Amador Beiras a empresa Televés, e iniciou a venda de aparatos de recepción do sinal.
Foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1981-1986) e tío da política Carolina Bescansa.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Manuel Jaime Barreiro Gil - Profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela. Decano da Facultade de Economía e Empresa. "Empresarios de Galicia - Ricardo Bescansa Martínez" (PDF). Fundación Galicia Empresa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24-03-2018. Consultado o 24-3-2018.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barreiro Gil, Manuel Jaime (2006). "O engado da inovación" in Empresarios de Galicia. CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia. pp. 283–301.