Rial iemení
Rial iemení | |
---|---|
ريال يمني en árabe | |
Código: | YER |
Ámbito: | Iemen |
Símbolo: | |
Fracción: | 100 fils (non vixente) |
Moedas: | 1, 5, 10 e 20 riais. |
Billetes: | 5, 100, 200, 250, 500 e 1.000 riais. |
Emisor: | Banco Central do Iemen. |
Taxa de troco: 30-4-2020 [1] | 1 EUR = 271,79 YER 1 USD = 250,00 YER |
O rial iemení (en árabe: ريال يمني –Riyāl Yamanī–; código: YER) é a unidade monetaria da República do Iemen, teoricamente dividida en 100 fils, aínda que a moeda divisionaria non ten especia física desde a unificación do país, en 1990.[2][3][4]
Historia
editarNos séculos XVIII e XIX, o termo rial (ou riyal) asociábase tradicionalmente ao tálero de María Tareixa, moeda de uso internacional que tiña ampla circulación no Iemen por mor do comercio do café cos franceses.[5]
Á medida que o Iemen se desenvolvía economicamente comezou a implantar a súa propia moeda local. Logo da unión de 1990 entre o Norte (a República Árabe do Iemen) e o Sur (a República Democrática Popular do Iemen), as moedas de ambos os territorios, o rial e o dinar, respectivamente, seguiron a ter curso legal durante un período de transición, cunha taxa de cambio de 26 riais por cada dinar.[4]
O 11 de xuño de 1996, as moedas do sistema do dinar foron retiradas da circulación, tres anos despois de que se emitiran as primeiras moedas oficiais da República do Iemen, xa unida.
O valor do rial iemení caeu drasticamente con respecto ao dólar estadounidense na súa primeira década, desde os 20 riais por dólar a ata os 215, e desde entón mantívose estable durante anos.
Moedas
editarCando o Iemen se unificou, no territorio do Norte circulaban xa moedas con denominacións de 1, 5, 10, 25 e 50 fils, e de 1 rial.[6]
As moedas con valores faciais en fils desapareceron de camiño da circulación e, en 1993, o Banco Central do Iemen actualizou as moedas dun rial e introduciu as de 5 riais.[4][7][8]
A serie completouse coa cuñaxe da peza de 10 riais en 1995 e coa de 20 riais en 2004, esta última inicialmente bimetálica, aínda que en 2006 pasou a cuñarse en aceiro, do mesmo xeito que o resto da serie.[4][9][10]
Imaxe | Valor facial | Ano | Aliaxe | Diámetro
(mm) |
Peso
(g) |
Canto | Anverso | Reverso |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 rial | 1414
(1993) |
Aceiro | 19,95 | 2,65 | Estriado | Escudo do Iemen | ريال ١ - البنك المركزي اليمني
Ano de cuñaxe. | |
5 riais | 1414
(1993) a 1425 (2004) |
Aceiro | 22,90 | 4,50 | Estriado | Edificio :
Banco Central do Iemen. |
ريال ٥ - البنك المركزي اليمني
Ano de cuñaxe. | |
10 riais | 1416
(1995) a 1430 (2009) |
Aceiro | 26,00 | 6,05 | Estriado | Ponte de Shaharah. | ريال ١٠ - البنك المركزي اليمني
Ano de cuñaxe. | |
20 riais | 1425
(2004) |
Bimetálica.
Aro: aceiro. Centro: aceiro e baño de latón |
29,85 | 7,10 | Estriado | Drago | ريال ٢٠ - البنك المركزي اليمني
CENTRAL BANK OF YEMEN Ano de cuñaxe. | |
1427
(2006) |
Aceiro | 30,00 | 6,62 | Estriado | Drago | ريال ٢٠ - البنك المركزي اليمني
CENTRAL BANK OF YEMEN Ano de cuñaxe. |
Billetes
editarNo momento da unificación do país, os billetes en riais en circulación procedentes do territorio do norte tiñan os valores de 1, 5, 10, 20, 50 e 100 riais.
En 1993, o Banco Central do Iemen acordou substituír os billetes de 1 e de 5 riais por moedas, e o mesmo ocorreu co billete de 10 riais en 1995.[7][8][9] En 1996 introduciuse o valor nominal de 200 riais, seguido polo de 500 riais en 1997 e polo de 1.000 riais en 1998. O antigo billete de 20 riais foi substituído por unha moeda de valor equivalente en 2004.[10] Ademais, o 14 de novembro de 2009 engadiuse á serie de papel moeda un novo billete de 250 riais.[4][12]
En 2017, o Banco Central do Iemen, que estreaba sede provisional en Adén, por mor da guerra civil, puxo en circulación unha nova tiraxe dos billetes de 500 de 1.000 riais cunhas medidas de seguridade actualizadas.[13][14] En 2018 reintroduciu ademais o valor de 200 riais e renovou o billete de 100 riais.[4][15][16]
Imaxe | Valor nominal | Cor | Dimensións
(mm) |
Descrición | Data | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Anverso | Reverso | ||||
50 riais | Verde oliva | 158 x 75 | Estatua de Ma'adkarib | Cidade: Shibam | 1993 | ||
100 riais | Púrpura | 150 x 75 | Sumidoiros antigos en Adén | Cidade: Saná | 1993 | ||
100 riais | Vermello | 151 x 69 | Árbore: sangue de dragón, Socotra | Socalcos agrícolas | 2019 | ||
200 riais | Verde | 156 x 75 | Escultura de alabastro | Cidade: Mukalla | 1996 | ||
200 riais | Amarelo | 150 x 69 | Fortaleza de Zbeid | Paisaxe de al-Mahrah | 2018 | ||
250 riais | Laranxa | 155 x 75 | Mesquita Al-Saleh, Saná | Cidade: Mukalla | 2009 | ||
500 riais | Azul | 155 x 80 | Palacio de rocha en Dar al-Hajr | Mesquita Al-Muhtar, Tarim | 2007 | ||
500 riais | Azul | 155 x 69 | Mesquita Al-Muhtar, Tarim | Palacio de rocha en Dar al-Hajr | 2017 | ||
1.000 riais | Verde | 156 x 83 | Palacio Seiyun, Hadhramaut | Porta do Iemen, Saná | 2009
2012 2017 |
Notas
editar- ↑ Sitio web do Banco Central do Iemen
- ↑ "Rial". En Digalego. Dicionario de galego.
- ↑ "Rial". En Alfaro Asins (2009). Páxina 157.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Yemen Rial - YER". CurrencyConverter.co.uk
- ↑ Ghalib bin Awadh al-Qu'aiti. (2010). The Maria Theresa Thaler in Hadhramaut: Some Reflections. The British-Yemeni Society.
- ↑ Moedas en riais e fils do Iemen do Norte: "1 fils", "5 fils", "10 fils", "25 fils", "50 fils" e "1 rial". Numista.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 "1 Rial". Numista.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 "5 Rials". Numista.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 "10 Rials". Numista.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 "20 rials 1425 (2004)". Numista.
- ↑ "20 rials 1427 (2006)". Numista.
- ↑ "Yemen new 250-rial note confirmed". BanknoteNews.com. 14 de decembro de 2009.
- ↑ "Yemen new 500-rial note confirmed". BanknoteNews.com. 30 de novembro de 2017.
- ↑ "Yemen new 1,000-rial note confirmed". BanknoteNews.com. 3 de abril de 2018.
- ↑ "Yemen new 200-rial note confirmed". BanknoteNews.com. 9 de novembro de 2018.
- ↑ "Yemen new 100-rial note reported". BanknoteNews.com. 19 de agosto de 2018.
- ↑ "Billete de 50 riais". Realbanknotes.com
- ↑ "Billete de 100 riais". Realbanknotes.com
- ↑ "Billete de 100 riais (2019)". Realbanknotes.com
- ↑ "Billete de 200 riais". Realbanknotes.com
- ↑ "Billete de 200 riais (2018)". Realbanknotes.com
- ↑ "Billete de 250 riais". Realbanknotes.com
- ↑ "Billete de 500 riais". Realbanknotes.com
- ↑ "Billete de 500 riais 2017". Realbanknotes.com
- ↑ ""Billete de 1.000 riais". Realbanknotes.com
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rial iemení |
Bibliografía
editar- Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
- Krause, C. L. (2008). Standard Catalog of World Coins: (1901–2008). Krause Publications. ISBN 978-0-89689-713-7
- Pick, A. (1994). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues (7th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9
- Pick, A. (1990). Standard Catalog of World Paper Money: Specialized Issues (6th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-149-8
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Catálogo de moedas do Iemen Arquivado 21 de outubro de 2019 en Wayback Machine.
- Catálogo de billetes do Iemen