Envés
(Redirección desde «Revés (folla)»)
En botánica, chámase envés[1] ou revés á cara inferior da lámina ou limbo da folla dunha planta. A epiderme do envés tende a ser diferente á da face ou cara superior; case sempre presenta unha cutícula máis fina, maior densidade de estomas e, frecuentemente tamén, maior abundancia de tricoma (pelos epidérmicos). Case sempre é de cor máis clara cá face.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para envés.