República Socialista Soviética Galiciana
A República Socialista Soviética Galiciana existiu entre o 8 de xullo de 1920 e o 21 de setembro de 1920 no contexto da revolución bolxevique no Imperio Ruso e a guerra ruso-polaca. Comprendía a área de influencia na fronte dominada polo Exército Vermello.
Галицька Соціалістична Радянська Республіка (uk) Галицкая Социалистическая Советская Республика (bxr) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Ternopil (pt) | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | lingua polaca lingua ucraína Lingua yiddish | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 15 de xullo de 1920 | |||
Disolución | 21 de setembro de 1920 | |||
Sucedido por | Segunda República Polaca | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | república soviética | |||
Foi controlada polo Comité Revolucionario Galiciano (Galrevkom) a capital situouse en Tarnopol, en Galicia, o primeiro presidente foi Vladimir Zatonsky. O Galrevkom organizou a administración, estableceu moeda, exército e sistema educativo. As linguas cooficiais foron o polaco, o ucraíno e o yiddish.
O goberno galiciano non chegou a ocupar Lviv. O 21 de setembro de 1920, Polonia conquistou o territorio da efémera república.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- República Nacional de Ucraína Occidental, estado de Europa oriental entre 1918 e 1919.