Relay 2
Relay 2 foi un satélite artificial da NASA lanzado o 21 de xaneiro de 1964 mediante un foguete Thor Delta B desde o centro espacial de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Relay 2 | |
---|---|
![]() Relay 2 | |
Tipo | Comunicacións / científico |
Organización | NASA |
Contratistas principais | RCA Astro |
Destino actual | En órbita terrestre, fóra de servizo.[1] |
Data de lanzamento | 21 de xaneiro de 1964, 21:14 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Thor Delta B[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-17B[3][6] |
Obxectivo da misión | Comunicacións e experimentos científicos.[3][6] |
NSSDC ID | 1964-003A |
Masa | 184,0 kg[3] |
Características
editarRelay 2 foi, ao igual que Relay 1, un satélite de comunicacións que levaba a bordo tamén algúns instrumentos científicos para estudar os cintos de radiación arredor da Terra.[3][5][6]
A nave estabilizábase mediante xiro, inicialmente cunha velocidade de 173 rpm. En Relay 2 elimináronse os fallos que producían problemas na resposta de Relay 1 a algúns comandos. A bordo levaba un transmisor para seguimento e outro para telemetría. Un dos transmisores comezou a ter problemas o 20 de novembro de 1966, tardando en acender máis tempo do normal, para acabar fallando o 20 de xaneiro de 1967. O outro transmisor deixou de funcionar o 9 de xuño de 1967.[3][5][6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "RELAY 2" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 "Letter dated 26 March 1964 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (64-07275). 30 de marzo de 1964: 2. Consultado o 25 de febreiro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (8 de decembro de 2016). "Relay 2" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2017.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Relay 2" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Relay 1, 2" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Relay" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Relay 2 |