Discurso (narratoloxía)

(Redirección desde «Relato»)

O discurso, en narratoloxía, é o proceso de contar unha historia elixindo o punto de vista, a ordenación temporal dos acontecementos e a duración dos mesmos.

Características

editar

En oposición ao discurso, a historia é unha serie de acontecementos ordenados nunha secuencia cronolóxica, protagonizada por personaxes encadrados nun marco espacial. A historia presupón o plano do contido, mentres que o discurso implica o plano da forma. Unha historia pode dar pé a múltiplos discursos narrativos.

En épocas de crise, a historia (o contido) é a máis suxeita a variacións, novos cambios sociais priman obras cargadas de argumento, mentres que en períodos de estabilidade se traballa con experimentacións (discurso, estrutura).[Cómpre referencia]