Refraneiro galego sobre o viño
Estatua do deus Baco en Cambados feita por Francisco Leiro
A adega cheira ó viño que ten [ 1] .
A auga de febreiro derrama o viño [ 2] .
A auga de San Xoán leva o viño e tolle o pan [ 2] .
A auga de San Xoán quita o viño e tolle o pan [ 3] .
A auga de San Xoán tolle o viño e non dá pan [ 2] [ 4] .
A auga en San Xuán tolle o viño e non dá pan [ 5] .
A auga fai mal i o viño fai cantar [ 2] .
A auga non emborracha, nin enferma, nin entrampa [ 2] .
A auga non enferma nin embebeda [ 2] .
A auga para os peixes; para os homes, viño a feixes [ 6] .
A auga polo san Xoán tolle o viño e non dá pan .
A augardente, na tenda; o viño, na taberna [ 7] .
A beber viño nunca me ganou veciño [ 8] .
A bo viño non hai mal bebedor [ 9] .
A cepa, tarde ou cedo, sempre dá uvas polo setembro .
A chuvia no mes de agosto, non é chuvia que é mel e mosto [ 10] [ 11] .
A chuvia no mes de agosto, non é chuvia que é mosto [ 11] [ 12] .
A chuvia por san Xoán, tolle o viño e non dá pan .
A cuba do bo viño non necesita bandeira .
A home bo, picheles cheos [ 13] [ 14] .
A home vello, picheles novos [ 14] .
A mera no San Xoán leva o viño e mais o pan [ 15] .
A millor siñal de auga é non haber pra viño [ 2] .
A moza i a parra, non se ven ben se non lle erguen a faldra [ 16] .
A muller e a viña dan ó home alegría [ 17] .
A muller e a viña faina o home garrida [ 17] .
A muller e o viño sacan o home de tino [ 17] .
A muller que ó seu home queira ter gordiño dispois que coma o caldo déalle un gotiño [ 17] .
A pouco viño, coidadiño [ 9] .
A reixa de san Xuan, moitos o saben e poucos o dan [ 18] .
A vide e a xesta co demo en testa .
A vindima, enxoita e fría [ 19] .
A vindima non é cada día [ 19] .
A viña de bo amo, pódase en marzo. A viña do ruín, pódase en abril [ 20] .
A viña i o poldro que os críen outros [ 20] .
A viña non quere máis sombra que a do amo .
A viña o dá e a viña o come .
A viña vella quer amo novo [ 20] .
A viño de mal parecer, pechar os ollos e beber [ 9] .
A xente ve o que bebo, mais non ve a sede que teño [ 8] .
A xogueta e a bebedela botan as casas por terra .
Abril frío, moito pan e pouco viño [ 21] .
Abril frío, pan e viño [ 21] .
Abril frío quer compango, viño e pantrigo [ 21] .
Aceite, no alto; viño, no medio; mel, no baixo .
Aceite, o de enriba; viño, o do medio; mel, o do fondo .
Aceite, viño e amigo, millor canto máis antigo .
Adega fría quentarse espera [ 1] .
Adega fría quentarse espera ó chegala colleita [ 1] .
Agosto a madura e setembro vendima a uva .
Agosto e vendimia non son cada día [ 22] .
Agosto e vendima non son cada día e si cada ano, uns con ganancia e outros con dano .
Agosto e vendima non son cada día e sí cada ano, us con proveito e outros con dano [ 12] .
Agosto, madura, e setembre vindima as uvas [ 12] .
Aí vén San Miguel, co seu tonel [ 23] .
Alegre, alegrete, arranca-carrascos e tente-bonete [ 24]
Amigo por amigo, o bo pan e o bo viño .
Anaco de touciño pide trago de viño [ 25] .
Ano de viño, garda viño .
Ano de viño, merca e garda viño [ 26] .
Ano de viño, vende viño e garda viño .
Ano novo e viño novo non manteñen [ 26] [ 27] .
Anque estou malo das pernas, inda podo ir á taberna [ 28] .
Anque teño mala a perna, ben sei onde está a taberna [ 28] .
Antes da vindima, compón as cubas axiña [ 20] .
Antes de pan, viño; antes de viño, touciño; e antes touciño que liño .
Antes de San Martiño, pan e viño; dispois de San Martiño, fame e frío [ 29] .
Antes o pan que o viño e antes o touciño que o viño [ 30] .
Antes pan que viño, antes viño que touciño, e antes touciño que liño [ 30] .
Ao lacón e ao touciño, grolos de viño [ 31] .
Apregoar viño, e vender vinagre [ 9] .
As tormentas por san Xoán tollen o viño e levan o pan .
Ás veces val máis o viño que as borras; e de contino, val máis o viño [ 9] .
Ata despois da vendimia non cáte-la entena .
Ata o san Pedro, o viño ten medo .
Ata pasada a vendimia non digas: “¡Eite a mel miña!” .
Ata san Martiño, pan e viño. De san Martiño adiante, fame e frío .
Ata San Martiño, pan e viño; de San Martiño pra diante, fame e frío bastante .
Ata San Martiño, pan e viño; de San Martiño pra diante, pan e frío bastante .
Auga de agosto, azafrán, mel e mosto .
Auga de agosto dá mel e mosto [ 32] .
Auga de agosto, mel e mosto [ 2] .
Auga de san Xoán, tolle viño e non dá pan [ 2] .
Auga e sol, pras froitas, lagarto; pras viñas, pulgón [ 2] .
Auga en agosto, azafrán, mel e mosto [ 33] .
Auga no San Xoán tolle o viño e non dá pan [ 34] .
Auga ó figo; e á pera viño [ 2] .
Auga por agosto, nin pan nin mosto [ 2] .
Auga, de cepas; arruído, de tellas [ 2] .
Auga, pros peixes; pros homes, viño a feixes [ 2] .
Bebamos hastra que máis non poidamos [ 8] .
Bebamos hastra que non nos vexamos [ 8] .
Bebe dispois do caldo, e manda o médico ó diaño [ 35] .
Bebe dispois do caldo, e rite do ciruxano [ 35] .
Bebe pouquiño, come a fartar, durme no alto, e así vivirás [ 8] .
Beber, beber, hastra máis non poder [ 8] .
Beber bo viño faino todo veciño: o que é malo, é beber viño malo [ 9] .
Beber e comer bo pasatempo é [ 8] .
Beber frío; e xantar, quente [ 8] .
Beber astra non ver [ 36] .
Beber polo ancho, e dar de beber polo estreito [ 8] .
Beber sin comer, é cegar e non ver [ 8] .
Bebín auga porque non houbo auga; que se auga houbera, viño bebera, se a tempo chovera [ 2] .
Borracheira de auga non emborracha .
Bótamo todo en viño e non en liño [ 9] .
Cabalo corredor, home rifador, vaso de vidro e tinalla de viño, sempre están en perigo [ 37] .
Cada cuba cheira ó viño que lle botan [ 38] .
Cada cuba cheira ó viño que ten [ 38] .
Cal o ano, tal o xerro [ 26] .
Cando chove en agosto, chove mel e mosto .
Cando chove por agosto, chove mel e mosto [ 39] .
Cando deas viño ó teu señor, non o mires ó sol [ 9] .
Cando hai auga e sol en marzo, aparella as cubas e o mazo [ 40] .
Cando o borracho ronca, o viño no barril apousa .
Cando ó mariñeiro lle dan de beber, ou está fodido ou vanno foder [ 41] .
Cando o vello non pode beber, pódenlle a cova facer [ 8] .
Cando san Xoán bebe viño, ponse moito vermelliño .
Cando se remata o viño, a bota xa non fai falta [ 9] .
Canto máis bebo, máis sede teño [ 8] .
Casa, viño e poldro, fáganos outro .
Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño .
Cava fondo e terás anada de abondo [ 42] .
Cávame tarde, bímame cedo, e pagareiche o que che debo, díxolle a viña ó labrego [ 42] .
Cáveme quen queira, pódeme quen seipa; bímeme calquera; cóideme o meu amo [ 20] .
Cáveme quen queira, pódeme quen seipa, díxolle a cepa á terra [ 42] .
Chafar, chafoume, mais como pagar, o viño pagoume [ 43] .
Chuvia en san Xoán, tolle o viño e non dá pan [ 44] .
Chuvia polo agosto é mel e mosto [ 11] .
Chuvia por San Xoán, tolle o viño e leva o pan [ 11] .
Coida ben a viña e terás vindima [ 20] .
Coida de podar en marzo, que o que poda en abril é ruín .
Collerás viño mosto se vendimas enxoito [ 9] .
Come pan, bebe viño e tira pra diante polo camiño .
Con castañas asadas e sardiñas salgadas, non hai ruín viño [ 45] .
Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín [ 41] .
Con pan e viño anda calquera o camiño .
Con pan e viño ándase o camiño [ 30] .
Con pan e viño ben se pasa o camiño [ 30] .
Con pan e viño faise o camiño .
Con pan e viño lévase o camiño .
Con pan e viño pásase o camiño [ 34] .
Con pan e viño xa se anda o camiño [ 43] .
Da boa nai busca a filla, e da boa cepa pranta a viña [ 46] .
Dádeme unha, dádeme tres, mais sen a de maio non me deixés [ 47] .
Dálle ó porco do caldeiro, e non do Ribeiro [ 48] .
Dáme o viño cando quixeres; máis dispois do caldo non mo negues [ 9] .
Das aves que erguen o rabo, a pior é o xarro [ 49] .
De pai bodegeiro, fillo cabaleiro e neto limosneiro .
Debaixo dunha mala capa, hai ás veces un bo bebedor [ 50] .
Debaixo dunha mala capa hai un gran bebedor .
Deben nadar en viño os caracoles, as brevas e os figos [ 9] .
Deica San Pedro o viño ten medo [ 51] .
Deixa a auga e bebe viño, dispois do San Martiño [ 2] .
Derramarse o viño é boa siñal, pero non o sal [ 9] .
Despois das uvas e mel sabe mal o viño, pero fai ben .
Despois de San Martiño, deixa a auga e bebe o viño .
Despois de San Martiño, deixa a agua e bebe viño .
Deus te garde de amigo reconciliado, de can atado, de borracho irado e de home arroutado .
Día de San Martiño, proba o teu viño [ 52] .
Día de San Martiño, todo o viño é bo viño [ 53] .
Día de Santa Cruz vai ver a túa viña, se reluz [ 54] .
Día de santa Mariña, vai á viña, que como a toparás, vindimarás [ 55]
Día de santa Mariña, vai ve-la túa viña, e como a encontrarás, así a vindimarás .
Din que o viño que nace no maio que o bebe o gaio .
Dispois de comer e beber, cada un da o seu parecer [ 8] .
Dispois de San Martiño, deixa a iauga e bebe o viño [ 56] .
Dispois de vindimas, corvos [ 19] .
Dixo o viño, moi campante: "No corpo do home son valente e voante". E dixo o pan: "Se eu vou diante" [ 9] .
Dixo o viño: "No corpo do home sou valente e boiante". E dixo o pan: "Se eu vou diante" [ 57] .
Díxolle o touciño ó viño: ben veñas, amigo [ 25] .
Do bo viño, bo vinagre [ 9] .
Do novo viño bota un traguiño polo San Martiño [ 9] .
En abril xa soio poda o labrego ruín .
En abril, augas mil, cargan o carro e mailo barril .
En agosto, as castañas arder, e en setembro, beber [ 58] [ 59] .
En agosto chove mel e mosto .
En agosto máis vale que sobre pan que non que falte viño .
En agosto, nin muller nin mosto [ 22] .
En agosto, nin viño nin mosto .
En agosto, nin viño, nin muller, nin mosto [ 12] .
En agosto, viño mosto [ 12] [ 22] .
En chegando san Brais pon pan e viño na alforxa que día non faltará .
En maio, nin xantar á mesa sin viño nin pote ó lume sin touciño .
En maio, sulfato [ 43] .
En marzo, podar e cavar, se queres colleitar [ 40] .
En san Martiño, pan e viño .
En san Xoán, tanto viño coma pan .
En setembre e outono, bebe o viño vello e deixa estar o novo [ 60] .
En setembro colle o viño e non durmas no camiño .
En setembro vendima correndo .
Ende chegando o San Bras pon pan e viño na alforxa, que día non faltará [ 61] .
Ende vindo Todos Santos e pasando San Andrés, viño novo, vello é [ 62] .
Esta nosa filla non dá tino a naide; nin é mel, nin fel, nin vinagre [ 63] .
Eu non bebo o viño, que o como en cuncas, gotiño a gotiño [ 9] .
Eu non son dino de bebe-la auga sin viño [ 2] .
Folgade, galiñas, que o galo está nas vindimas [ 64]
Grolo a grolo valéirase o xerro [ 65] .
Hastra o San Pedro, o viño ten medo [ 9] .
Hastra san Martiño, pan e viño; de san Martiño adiante, frío e fame .
Home estrevido, pelexo de bo viño, e vaso de bo vidro, duran pouquiño [ 14] .
Home que non troula, nin fuma, nin xoga, nin bebe, nin bica, nin cuspe no curro, máis ca home é burro .
Home reñedor, cabalo corredor e pelexo de bon viño nunca fan moito camiño [ 43] .
Home rifador, cabalo corredor, xerro de bo viño e besta de andadura, nunca moito duran [ 14] .
Home valente e bota de viño, pouco duran [ 43] .
Homes bos e picheles de viño, amainan o ruído [ 14] .
Hoxe viño e pan, o resto mañán .
Inda non é viño e xa quer ser vinagre [ 9] .
Invernía de San Xoán, tolle o viño e non dá pan [ 66] .
Ir e vir, como o xerro vai á boca [ 67] .
Labrador chalán, non colle viño nin pan .
Maio come o trigo, e agosto bebe o viño [ 68] .
Maio fai o trigo, e agosto o viño [ 68] .
Máis garda a viña o medo que o viñadeiro [ 20] .
Máis val viño frío que auga quente [ 9] .
Máis val viño quente que auga fría [ 9] .
Máis vale beber que cuspir [ 8] .
Máis vale que sobre pan que non que falte viño .
Máis vale quedar para vestir santos ca para espir borrachos .
Mandar rapaces á vindima, é cousa perdida [ 19] .
Maruxiña ten bo viño; se o ten, el o dirá, i o que fore sonará [ 9] .</ref>.
Marzo, marzal, déixame o viño trasegar .
Marzo, o viño polo vaso .
Menos valen ás veces as borras que o viño [ 9] .
Mentras auga teña o Miño, no Ribeiro non falta viño [ 69] .
Mentres auga leve o Miño non faltará viño [ 2] .
Mordedura de alacrán, busca viño e busca pan, que mañá te enterrarán .
Muller que moito bebe, tarde paga o que debe [ 17] .
Mulleres á eira e viño en coeira [ 17] .
Mulleres e viño sacan ó home do bo camiño [ 17] .
Na noite de san Xoán andan os probes pedi-lo pan, e na noite do ceboliño andan os vellos a pedi-lo viño .
Na noite de San Xoán andan os tolos pedi-lo pan, e na noite do ceboliño andan os vellos a pedi-lo viño .
Na viña de outro ninguién pode ir escoller [ 20] .
Na viña vindimada, calquera pode vindimar [ 20] .
Nena, viña, pereira e fabal son malos de gardar [ 70]
Nin o teu pan en bolas, nin o teu viño en sopas [ 30] .
Nin o teu pan en roscas nin o teu viño en botas [ 30] .
Nin o teu pan en sopas, nin o teu viño en probas [ 30] .
Nin viña no baixo, nin trigo no cascallo [ 20] .
Nin viña ó pé do camiño, nin casa á beira do rio [ 20] .
Ninguién que beba viño chame borracho ó seu veciño [ 9] .
Ninguién se emborracha co viño da súa casa [ 9] .
No inverno, forneira; no vran, taberneira [ 71]
No millor viño hai borras [ 9] .
No Nadal, alegrote, alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote .
No san Martiño, porco e viño .
No san Martiño xa se coñece o bo viño .
Non é bo mosto o que se colle en agosto .
Non é bo mosto o que se molla en agosto [ 72] .
Non hai mellor ciruxán que a boa carne, o bo viño e o bo pan .
Non hai millor viño que o da viña [ 9] .
Non hai neto de viño que grande sea [ 9] .
Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas [ 9] .
Non hai tal viño como o pantrigo e o leite macizo [ 73] .
Non teñas viña nun rincón nin casa nun cantón [ 20] .
Nosa Señora dos Arcos, avogada dos borrachos [ 74]
Nunca lle falta achaque ó viño: no vran polo calor, e no inverno polo frío [ 9] .
O amor e o viño sacan ao home de tino .
O beber, mata axiña a sede [ 8] .
O beber quer comer [ 8] .
O bebido é o seguro, que o que no xerro está quizáis non se beberá [ 8] .
O bebido é o seguro, que o que no xerro está quizáis se derramará [ 8] .
O bo viño cría bo sangue [ 9] .
O bo viño trai a venda consigo [ 9] .
O borracho logo solta o que ten no papo .
Ó chegar o San Martiño, mátase o porco e próbase o viño [ 29] .
Ó comer percebes, mira o que bebes [ 75] .
O día de San Lucas mata o teu porco e barra as túas cubas [ 76] [ 77] ..
O día de san Xoán molla o viño no pan .
O día de Santa Cruz vai ver se a túa viña reluz .
O home mesquiño non colle forzas nin co pan nin co viño [ 14] .
Ó lacón e ó touciño, tragos de viño [ 78] .
O mes de agostiño fai bo viño .
O mes de agostiño fai o bo viño .
O meu veciño ten unha viña: el a cava, el a bima; el a vindima [ 79] .
O millor viño fai borra [ 9] .
O millor viño vólvese vinagre [ 9] .
O mosto que se colle en agosto, non é mosto [ 72] .
O pan, con ollos; o queixo, cego, e o viño, anexo [ 30] .
O pan con ollos, o queixo sin ollos, e o viño que salte ós ollos [ 30] .
O pan, pan, e o viño, viño [ 30] .
O pan polo coor, e o viño polo sabor [ 30] .
O peixe debe nadar tres veces: en auga, en mollo e en viño [ 45] [ 80] .
O que bebe pola cabeza non se lle saben os tragos que pasa [ 8] .
O que cava e bima fará boa vendima [ 42] .
O que dispois do caldo non bebe, non sabe o que perde [ 8] [ 35] .
O que en marzo non poda a súa viña, perde a vendima .
O que en marzo non poda a viña perde a vendima .
O que en marzo non poda perde a vendima toda .
O que en ruín lugar fai a viña, ó lombo saca a vindima [ 20] .
O que no caldo bota viño, de vello faise mociño [ 35] .
O que non bima, non vindima .
O que non ten casa nin viña, en calquera parte se aveciña .
O que non ten lagar, cada ano seu pesar [ 81] .
O que poda por marzo, vindima no regazo [ 82] .
O que se dá á bebida ben pouco estima a súa vida .
Ó que ten bo viño non lle faltan amigos [ 9] .
O que teña bo viño, bébao, e non llo dea ó seu veciño [ 9] .
O que vai á adega e non bebe, eso máis perde [ 1] .
O que vendima en san Miguel, bebe ben .
Ó touciño, mételle tragos de viño [ 25] .
O vello pranta a viña e o vello a vindima [ 20] .
O vento de abril e a lama de agosto, matan o viño anque sexa no mosto .
O vinagre i o limón, medio ciruxanos son [ 83] .
O viño alegra o ollo e quenta o corpo [ 9] .
O viño anda sin calzós [ 9] .
O viño barato saca os cartos do farrapo [ 9] .
O viño, bebelo a modiño: gotiño a gotiño [ 9] .
O viño bo é caro, i o barato é malo [ 9] .
O viño branco e a muller ao primeiro mercader .
O viño chispeiro non necesita pregoeiro .
O viño con mel sabe mal e fai ben [ 9] .
O viño dá forzas, e a iauga quítaas todas [ 9] .
O viño da viña vella zonzonéame na orella [ 9] .
O viño das cepas vellas quenta as orellas [ 9] .
O viño das peras non o tires nin o bebas, nin ó teu amigo o deas [ 9] .
O viño da viña vella zonnzonéame na orella .
O viño de abril, enche o carro e o carril .
O viño de abril non vai ó funil .
O viño de marzo, lévao a vella no regazo [ 84] .
O viño do Avia, ten forza, esprito e labia [ 85] .
O viño do Ribeiro fai andar ó mozo lixeiro [ 9] .
O viño do Ribeiro fai fortes ós mozos e remoza ós vellos [ 9] .
O viño do Ribeiro fai ó vello chuscarrandeiro [ 9] .
O viño do Ribeiro non ten compañeiro [ 9] .
O viño do Ribeiro ten sona de paroleiro [ 9] .
O viño é bo, pero se é viño bo [ 9] .
O viño é o antoxo dos vellos e o lambuxo dos nenos [ 86] .
O viño é o leite dos vellos [ 9] .
O viño e o pan sempre se dan: us anos ben; outros mal, e outros menos mal [ 87] .
O viño é o sangue dos vellos [ 9] [ 88] .
O viño é pan e medio [ 9] .
O viño fai do vello mociño [ 89] .
O viño fai ó vello mociño [ 9] .
O viño fai rir, fai durmir e fai ás cores á cara saír [ 9] .
O viño ha ser comido, máis ben que bebido [ 9] .
O viño lava os dentes, alegra os ollos e sana o ventre .
O viño polo coor, i o pan polo sabor [ 9] .
O viño polo xerro é como millor o quero [ 9] .
O viño que é chispeiro non percisa de pregoeiro [ 9] .
O viño ten tres propiedades: facer durmir, facer rir e ás cores saír .
O viño tinto quer estar apretado i o branco folgado [ 9] .
Odre de bo viño, cabalo saltador e home rifador, nunca duran moito co seu señor .
Onde allos ha, viño haberá .
Onde entra o beber sai o saber [ 8] .
¿Onde haberá millor viño que o que sai das cepas? [ 9] .
Ós comenzos de setembre aparella as cubas pra vindimar as uvas [ 90] .
Os de Palmeira beben a caña pola cuncha da vieira [ 91] .
Os mariscos queren viño, pois da auga xa veñen [ 80] .
Os recíos de agosto son mel e mosto [ 12] .
Pan con fartura; e viño, con mesura [ 30] .
Pan de hoxe, carne de onte e viño de antano, manteñen ó home sano .
Pan de onte e viño de antano, salú pra todo o ano .
Pan de onte, carne de hoxe, e viño de antano, manteñen ó home sano [ 30] .
Pan de onte, e carne de hoxe, e viño de antano, salú pra todo o ano [ 30] .
Pan de panadeira e viño de taberna, nin farta nin goberna [ 30] .
Pan e viño andan camiño [ 30] .
Pan e viño andan camiño, millor que mozo garrido [ 30] .
Pan e viño, un ano teu, e outro do teu veciño [ 30] .
Pan por quilo e viño por medida, o que non rouba algo non leva boa vida .
Pan que sobre, carne que abonde, viño que non falte e alegría que abaste [ 30] .
Pan quente e uvas, ás vellas quitan engurras [ 30] .
Pan, viño e carne quitan a fame [ 30] .
Pipa de viño bo e home forte, pouco duran .
Poda a viña en marzo e cávaa en maio .
Poda a viña en marzo, pra cavala en maio [ 20] .
Poda en marzo, vendima no regazo .
Poda en xaneiro, vendima no sombreiro .
Poda tarde e sementa cedo, que de tres anos acertarás tres e medio [ 92] .
Pola Santa Mariña vai ver a tua viña, e cal a cates, tal a vindimas [ 20] .
Pola vindima vende as tuas galiñas; pola Navidá, vólveas mercar [ 20] .
Pola Virxe do Portal pon a xente a vendimar [ 93] .
Pola vosa santa palabra, eu non son digno de beber o viño sin auga [ 9] .
Polas vendimas vende as túas galiñas, pola Navidade vólveas mercar .
Polo abril xa solo poda o labrego ruín [ 21] .
Polo agosto vale máis viña que mosto [ 12] .
Polo Pilar, nabos á terra e viño a envasar [ 94] .
Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar .
Polo San Andrés, o mosto viño é .
Polo San Andrés, o viño novo vello é .
Polo San Lucas, mata o teu porco e barra as tuas cubas [ 95] .
Polo san Lucas saben ben as uvas .
Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas [ 96] .
Polo san Martiño, barra o teu viño .
Polo san Martiño, castañas e viño .
Polo san Martiño, cata o teu viño .
Polo San Martiño deixa a auga e bebe o viño .
Polo San Martiño mata o teu porquiño e bebe o teu viño [ 29] .
Polo san Martiño, proba o teu viño .
Polo san Martiño, tapa o teu viño .
Polo San Martiño, todo o mosto é bo viño [ 9] .
Polo San Martiño, todo o mosto é viño [ 29] .
Polo san Martiño, vende o teu viño; antes a pipeiro que a taberneiro .
Polo San Martiño, zapa o teu viño [ 97] .
Polo San Mateo vindima a reo [ 98] .
Polo san Mateu cada un vendima o seu [ 99] .
Polo san Mateu ou vendimas tu ou vendimo eu .
Polo san Mateu, vendima ti, vendimo eu .
Polo san Mateu, vindima arreo .
Polo San Mateu, vindima tí, vindimaréi eu [ 98] .
Polo San Miguel están as uvas o mesmo que mel [ 100] .
Polo san Miguel mete as uvas no tonel [ 101] .
Polo san Nicolás, as uvas vendimarás [ 102] .
Polo san Simón, apreta o baldón [ 103] .
Polo San Simón proba o viño, i o porco polo San Martiño [ 9] [ 104] .
Polo san Xenaro, vendimas pró carro [ 105] .
Polo san Xoán á sardiña, e en setembro á vendima .
Polo san Xoán bébese viño e cómese pan .
Polo San Xoán tanto viño como pan [ 106] .
Polo Santiago comenza na viña a pintar o bago [ 107] .
Por agosto vale máis viño que mosto .
Por beber medio netiño e comer media tallada, nunca se perdeu nada [ 8] .
Por ir á misa entrei na taberna, e quedeime nela [ 28] .
Por marzo, a cava; por marzo, a poda; por marzo vólvese a viña toda [ 40] .
Por san Luca, alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba .
Por san Lucas, alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba .
Por san Martiño, atesta o viño .
Por san Martiño cae máis auga do que o borracho bebe viño .
Por san Martiño cata o teu viño .
Por san Martiño e san Xudas, piñeiriña das túas uvas [ 108] .
Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto [ 29] .
Por san Martiño mata o teu porquiño e proba o teu viño .
Por san Martiño, nin fabas nin viño .
Por San Martiño, xa se conoce o bo viño [ 29] .
Por san Mateu vindima ti, vindimo eu .
Por san Miguel, mete o viño no tonel .
Por san Simón, aperta o baldón .
Por san Simón e por san Xudas, mata ó teu porco e atesta as túas cubas [ 109] .
Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas .
Por san Simón e san Xudas, collidas as uvas .
Por san Xudas e san Simón, collidas as uvas son .
Por Santa Mariña mira a túa viña, así como a verás, así vendimarás .
Por Santa Mariña vai ve-la túa viña, como a terás, así vendimarás .
Por Santiago, xa pinta o bago .
Por un amigo non é pecado que se emborrache un home honrado .
Pra beber con uvas, máis val beber en aúnas [ 8] .
Pra bos viños, Ribadavia, e todo o Ribeiro de Avia [ 9] .
Pra viña vella, amo novo [ 20] .
Que chova, que neve, quen ten sede, bebe [ 8] .
Quen bebe un pouco, bebe un pouco máis [ 8] .
Quen cava co demo a viña, co demo a vindima [ 42] .
Quen cava no mes de Santos, perde o tempo i o traballo [ 42] .
Quen co demo cava a viña, co demo a vindima .
Quen é amigo do viño, de sí mismo é enemigo [ 9] .
Quen en marzo non poda a súa viña, perde a vindima .
Quen non dá do seu viño, non queira catar o do veciño [ 9] .
Quen teña forza no brazo, cave e pode en marzo .
Quen vai á adega e non bebe, boa vez de beber perde [ 1] .
San Antonio de xaneiro, se fai sol, bota as pipas ó canteiro, e se chove, bótaas ó fumeiro [ 110] .
San Bieito rega a eito. Santiago trae o seu canado, santa Mariña a súa cabaciña, e san Roque o seu pipote [ 111]
San Mateu, vindima ti, vindimarei eu .
San Miguel das uvas maduras, que tarde vés e que pouco duras .
San Miguel das uvas, tarde nos vés e pouco nos duras .
San Miguel das uvas, tarde vés e pouco duras .
San Migueliño das uvas maduras, que tarde nos vés e que pouco nos duras. Se dúas veces ó año viñeras, moito ben nos deras .
San Migueliño das uvas maduras, tarde me vés e pouco me duras .
San Migueliño das uvas maduras, tarde vés e pouco duras .
San Simón proba o viño e o porco san Martiño .
San Simón, apreta o baldón .
San Técola que vindima as uvas e os figos leva [ 112] .
San Xoán daime o pan e san Martiño o viño .
San Xoán e san Martiño foron merendar ó camiño. San Xoán levara o pan e san Martiño o viño .
San Xoán garda a chave do pan, san Martiño a do viño e san Andrés a do porquiño .
San Xoán trae o fol cheo de pan e san Martiño bota de viño .
San Xulián garda o viño e garda o pan [ 113] .
San Xullán, garda viño e pan .
San Xurxo o larpeiro leva as uvas no pandeiro [ 114] .
Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landre e san Andrés o touciño .
Se bebes co caldo, non darás moita avinza ó ciruxano [ 35] .
Se bebes despois do caldo, podes facerlle a figa ó ciruxano [ 35] .
Se che pica un alacrán busca viño, busca pan, e mais crego e sancristán, antes hoxe que mañán, pois logo te enterrarán [ 115] .
Se chove día de Santo Antón de xaneiro, pipas ó fumeiro, i si está claro, pipas ó canteiro .
Se chove en agosto, non gastes diñeiro en mosto .
Se chove en febreiro, bota as pipas ó quinteiro .
Se chove en Santo Antón de xaneiro, pipas ó fumeiro, se non, pipas ó canteiro .
Se chove moito en agosto, non gastes diñeiro en mosto .
Se chove no día de santo Antón de xaneiro, pipas ó fumeiro; e se está claro, pipas ó canteiro .
Se con uvas bebedes, dúas veces beberedes [ 8] .
Se corres como bebes, imos ás lebres [ 116] .
Se no marzo ves tronar, arromba cubas e lagar .
Se no marzo ves tronar, prepara cubas e lagar .
Se non bebo na taberna, fólgome nela [ 28] .
Se non chove en febreiro van as pipas ó canteiro .
Se queres ter bo viño, enxerta de boa cepa [ 117] .
Se queres ter ó teu home gordiño dispois do caldo dalle un gotiño sempre que sea de viño [ 35] .
Se te morde a donicela, busca viño e busca vela, que mañán che darán terra [ 118]
Se te morde un alacrán, busca viño e busca pan, sacerdote e sancristán, quen mañán te enterrarán .
Se te morde un alacrán, garda viño e garda pan, que mañá te enterrarán .
Se te roi un alacrán, busca viño e busca pan, e mais crego e sancristán, antes hoxe que mañán, pois logo te enterrarán .
Se trona en xaneiro, sobe as cubas ó fumeiro .
Se Xaniño ten bo viño, xa virá quen o dirá .
Sen beber non se debe comer [ 8] .
Sin pan nin viño non se anda ben o camiño [ 30] .
Taberna sin xente, ben pouco vende [ 28] .
Taberna vella non precisa na porta ramalleira [ 28] .
Tallada de touciño quer gulapo de viño [ 25] .
Todos me saben o viño que bebo, e non me saben a sede que teño [ 9] .
Un gotiño de augardente deixa o estómago quente e fai o home forte e valente [ 7] .
Unto de porco e mel das abellas fervidos en viño e ... ¡fóra catarreira!
Vai a cabra pola viña, tal é a mai como a filla .
Vai a chiva pola viña, tal é a mai como a filla .
Vai ver se a túa viña reluz o día da Santa Cruz [ 119] .
Val máis que sobre pan, que non que falte viño [ 30] .
Vinagre e mel, saben mal e fan ben [ 120] .
Vindima enxoito, se queres coller viño mosto [ 98] .
Vindima no regazo aquel que poda por marzo [ 98] .
Viña entre viñas, e casa entre veciñas [ 20] .
Viña que non se poda dispacio, dará poucos e ruís acios [ 20] .
Viña, pereira, e fabal, malos son de gardar [ 20] .
Viñas, cantas bebas; terras, cantas vexas [ 20] .
Viño, a pasar; auga, a fartar [ 82] .
Viño acedo, touciño vello e pan centeo, sosteñen a casa en peso [ 9] .
Viño de cepa torta inda ben non te bebo non vexo a porta .
Viño de ricos e pan de pobres [ 121] .
Viño de maio, pouco e malo [ 9] .
Viño de maio pouco e malo o de abril é xentil .
Viño de peras nono bebas, nin o deas a quen ben queiras [ 9] .
Viño do Ribeiro, falangueiro e trouleiro .
Viño en sopas non emborracha .
Viño, que salte; queixo, que chore; pan, que cante [ 9] .
Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro [ 9] .
Viños e amores, os vellos son os millores [ 9] .
Viño e vinagre irmaus son: un vai á misa e o outro non .
Viño por fóra, viño por dentro curan os males nun momento .
Viño, que salte; queixo, que chore; pan, que cante .
Viño quitado, bebelo ou tiralo [ 9] .
Viño ruín, pra quen o queira, pero non pra mín [ 9] .
Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro .
Viños e amores os vellos son os millores .
Zapa o viño polo San Martiño .
↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Eladio Rodríguez González, s. v. adega .
↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 2,17 Eladio Rodríguez González, s. v. auga .
↑ Rosario Soto Arias 2013.
↑ Eladio Rodríguez González), s. v. San Xoan .
↑ A chuvia en xuño prexudica as viñas e os campos de cereais. Real Academia Galega 1913, s. v. auga . No rixinal: Juan .
↑ Lino Lema Bouzas, 1.
↑ 7,0 7,1 Eladio Rodríguez González, s. v. augardente .
↑ 8,00 8,01 8,02 8,03 8,04 8,05 8,06 8,07 8,08 8,09 8,10 8,11 8,12 8,13 8,14 8,15 8,16 8,17 8,18 8,19 8,20 8,21 8,22 8,23 8,24 8,25 8,26 Eladio Rodríguez González, s. v. beber .
↑ 9,00 9,01 9,02 9,03 9,04 9,05 9,06 9,07 9,08 9,09 9,10 9,11 9,12 9,13 9,14 9,15 9,16 9,17 9,18 9,19 9,20 9,21 9,22 9,23 9,24 9,25 9,26 9,27 9,28 9,29 9,30 9,31 9,32 9,33 9,34 9,35 9,36 9,37 9,38 9,39 9,40 9,41 9,42 9,43 9,44 9,45 9,46 9,47 9,48 9,49 9,50 9,51 9,52 9,53 9,54 9,55 9,56 9,57 9,58 9,59 9,60 9,61 9,62 9,63 9,64 9,65 9,66 9,67 9,68 9,69 9,70 9,71 9,72 9,73 9,74 9,75 9,76 9,77 Eladio Rodríguez González, s. v. viño .
↑ Real Academia Gallega, s. v. agosto . No orixinal: chuva, non e chuva .
↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia .
↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 12,6 Eladio Rodríguez González, s. v. agosto .
↑ Pichel: “Xerra alta e redonda, máis ancha na base ca no colo, xeralmente de estaño, con tapa unida á asa, que se empregaba para quitar o viño dos pipotes” (DRAG).
↑ 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 Eladio Rodríguez González, s. v. home .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. mera . Mera significa néboa espesa, húmida e baixa.
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. moza .
↑ 17,0 17,1 17,2 17,3 17,4 17,5 17,6 Eladio Rodríguez González, s. v. muller .
↑ Refírese á arada que cómpre dar ás viñas neste mes.
↑ 19,0 19,1 19,2 19,3 Eladio Rodríguez González, s. v. vindima .
↑ 20,00 20,01 20,02 20,03 20,04 20,05 20,06 20,07 20,08 20,09 20,10 20,11 20,12 20,13 20,14 20,15 20,16 20,17 20,18 20,19 20,20 20,21 Eladio Rodríguez González, s. v. viña .
↑ 21,0 21,1 21,2 21,3 Eladio Rodríguez González, s. v. abril'.
↑ 22,0 22,1 22,2 Real Academia Gallega, s. v. agosto .
↑ San Miguel, 28 de setembro. Eladio Rodríguez González, s. v. San Miguel . No orixinal: Ahí ven .
↑ Son os graos da bebedela.
↑ 25,0 25,1 25,2 25,3 Eladio Rodríguez González, s. v. touciño .
↑ 26,0 26,1 26,2 Eladio Rodríguez González, s. v. ano .
↑ Real Academia Gallega, s. v. ano .
↑ 28,0 28,1 28,2 28,3 28,4 28,5 Eladio Rodríguez González, s. v. taberna .
↑ 29,0 29,1 29,2 29,3 29,4 29,5 Eladio Rodríguez González, s. v. San Martiño .
↑ 30,00 30,01 30,02 30,03 30,04 30,05 30,06 30,07 30,08 30,09 30,10 30,11 30,12 30,13 30,14 30,15 30,16 30,17 30,18 30,19 30,20 30,21 30,22 Eladio Rodríguez González, s. v. pan .
↑ X. L. Franco Grande: Diccionario galego-Castelán (1972), s. v. lacón .
↑ Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: da .
↑ Real Academia Galega 1913, s. v. auga .
↑ 34,0 34,1 Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: Xohán .
↑ 35,0 35,1 35,2 35,3 35,4 35,5 35,6 Eladio Rodríguez González, s. v. caldo .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. beber . No orixinal: hastra .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. cabalo .
↑ 38,0 38,1 Eladio Rodríguez González, s. v. cuba .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. chover .
↑ 40,0 40,1 40,2 Eladio Rodríguez González, s. v. marzo .
↑ 41,0 41,1 Lino Lema Bouzas, 3.
↑ 42,0 42,1 42,2 42,3 42,4 42,5 Eladio Rodríguez González, s. v. cavar .
↑ 43,0 43,1 43,2 43,3 43,4 Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.
↑ Marcial Valladares Núñez. No orixinal: San juan, tòlle, da .
↑ 45,0 45,1 Clodio González Pérez, 145.
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. nai .
↑ Fala a viñan pedindo a cava.
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. porco .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ave.
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. debaixo .
↑ Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: tèn .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. día , s. v. viño , s. v. San Martiño .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. día .
↑ A Santa Cruz de maio celébrase o día 3.
↑ O día de Santa Mariña é o 18 de xullo.
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. viño , s. v. San Martiño .
↑ Marcial Valladares Núñez. No orixinal: Diĵo o viño: N'o corpo d'o hòme son valente e voante. E diĵo o pan: S'eu vou diante .
↑ Real Academia Gallega
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. agosto . No orixinal: i en setembro .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. setembre .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. Bras .
↑ Juan Sobreira Salgado: Papeletas . No orixinal: vello he .
↑ ERG, fillo.
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. galiña .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. grolo .
↑ Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: Xohan , da .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ir .
↑ 68,0 68,1 Eladio Rodríguez González, s. v. maio .
↑ Marcial Valladares Núñez. No orixinal: Riveiro .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. neno .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. forneiro .
↑ 72,0 72,1 Eladio Rodríguez González, s. v. mosto .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. pantrigo .
↑ Álvarez Blázquez recólleo como refrán na súa compilación do Refraneiro do Viño , sen explicación de que "Nosa Señora dos Arcos" se trata.
↑ Lino Lema Bouzas, 6.
↑ "Barrar as cubas " é tapar calquera greta ou abertura que poida ter a cuba para asegurar a súa hermeticidade. Facíase con lama ou pez.
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. día .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. lacón .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. viña . No orixinal: él .
↑ 80,0 80,1 Lino Lema Bouzas, 7.
↑ Elixio Rivas Quintas (1988).
↑ 82,0 82,1 Marcial Valladares Núñez.
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. vinagre .
↑ Juan Sobreira Salgado.
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. viño . No orixinal: espirto .
↑ Apéndice a Eladio Rodríguez González, s. v. lambuxo .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. viño . No orixinal: i o pan .
↑ Marcial Valladares Núñez. No orixinal: a sangre .
↑ Marcial Valladares Núñez. No orixinal: O viño fai d'o vèllo moziño .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. setembre .
↑ Clodio González Pérez, 142.
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ano.
↑ A Virxe do Portal celébrase o 8 de setembro. En Ribadavia, onde é a patroa, o 9 de setembro
↑ A Virxe do Pilar, 12 de outubro.
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. porco .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. san Lucas .
↑ Adela Leiro, 36. Zapar é pechar o bocoi coa zapa. Zapa é o tapón co que se pecha o burato por onde se enchen o bocoi, e tamén o burato mesmo.
↑ 98,0 98,1 98,2 98,3 Eladio Rodríguez González, s. v. vindimar .
↑ San Mateu, 21 de setembro.
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. San Miguel .
↑ San Miguel, 29 de setembro.
↑ Hai un san Nicolao, de Tolentino, que se celebra o 10 de setembro. O refrán non pode referirse a San Nicolao de Mira (ou de Bari), que é o 6 de decembro.
↑ Adela Leiro, 37 e 72. Baldón ou bandón é o tapón de cortiza ou madeira co que se tapa o burato da tapa superior dos bocois.
↑ San Simón, 28 de outubro.
↑ San Xenaro de Benevento, 19 de setembro.
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. San Xoan .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. Santiago .
↑ San Xudas, 28 de outubro.
↑ San Simón e San Xudas celébranse o 28 de outubro.
↑ Elixio Rivas Quintas (1978). O canteiro é o soporte de madeiros sobre os que se colocan os bocois nas adegas.
↑ San Bieito, 11 de xullo (noutros lugares en marzo ou o 15 de xullo); Santiago, 25 de xullo; Santa Mariña, 18 de xullo; San Roque, 18 de agosto.
↑ Santa Tegra (Técola ), 23 de setembro.
↑ San Xián (Xulián ) celébrase o 7 ou o 9 de xaneiro, segundo as distintas parroquias. O refrán aconsella gardar pan e viño porque aínda queda moito inverno por diante.
↑ Sendo san Xurxo o 23 de abril, o refrán alude ás larpeiradas pascuais, despois da abstinencia da Coresma.
↑ Gran Enciclopedia Galega , s. v. alacrán.
↑ Ramón Anxo Martíns Seixo.
↑ Marcial Valladares Núñez. No orixinal: quères , engerta .
↑ A vela fai referencia ós cirios que se poñen rodeando ó cadaleito.
↑ A Santa Cruz de maio é o día 3. Eladio Rodríguez González, s. v. viña .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. vinagre .
↑ Porque a viña e o viño pide moitos coidados, que non os pode dar o pobre por falta de medios. O pan, pola contra, non necesita de tanta atención.
ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas , México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008.
FRANCO GRANDE, Xosé Luís : Diccionario galego-castelán , 2ª ed., Galaxia, Vigo 1972.
GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio : “O refraneiro do mar”, en Coloquio de etnografía marítima , cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 137-147.
Gran Enciclopedia Galega , Ed. Silverio Cañada, Lugo 2003.
LEIRO LOIS, Adela (dir.): Cambados: a tradición oral . Colexio Público Castrelo. Cambados 1986.
LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras . I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
Ramón Anxo Martíns Seixo: "'Perdóolle o mal que me fai polo ben que me sabe'. Unha aproximación aos campos semánticos da comida e da bebida na fraseoloxía galega", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 463-486.
REAL ACADEMIA GALLEGA : Diccionario gallego-castellano , 1913-1928.
RIVAS QUINTAS, Elixio : Frampas, contribución al diccionario gallego , CEME, Salamanca 1978.
RIVAS QUINTAS, Elixio : Frampas II, contribución al diccionario gallego , Alvarellos, Lugo 1988.
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio : Diccionario enciclopédico gallego-castellano , Galaxia, Vigo 1958-1961.
SOBREIRA, Juan : Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979.
SOTO ARIAS, Mª Rosario: "Notas para un estudo dos refráns haxiocronolóxicos", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 347-370.
VALLADARES NÚÑEZ, Marcial : Diccionario gallego-castellano , Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.