Raquel Vázquez Ramil
María Raquel Vázquez Ramil, nada na Coruña o 30 de decembro de 1960, é unha tradutora e profesora galega especializada en historia contemporánea e historia de xénero.[1][2]
![]() (2016) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de decembro de 1960 ![]() A Coruña, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | profesora universitaria ![]() |
Empregador | Universidade de Valladolid (2017–) Universidad Nacional de Educación a Distancia (2011–2017) ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarLicenciouse en Xeografía e Historia en 1983 pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse cum laude en 1989 na mesma universidade grazas á tese La institución libre de enseñanaza y la educación de la mujer en España: la Residencia de Señoritas, 1915-1936.[3] En 2006 obtivo o título de especialista universitario en Tradución Inglés-Español a través da UNED e entre 2003 e 2012 foi tradutora de autores como Neil Gaiman, G.K. Chesterton ou C. Isherwood e W. H. Auden. Dende 2011 exerce como titora de distintas materias relacionadas coa Xeografía, a Historia da arte e a Historia do Mundo Contemporáneo nos centros UNED da Coruña e Lugo e dende 2012 como profesora de Xeografía e Ciencias Sociais na Escola Universitaria de Maxisterio CEU-Universidade de Vigo.[4] Dende 2017 é profesora de Didáctica das Ciencias Sociais na Universidade de Valladolid (Campus de Soria).[5]
Obras
editar- La Institución Libre de Enseñanza y la educación de la mujer en España: La Residencia de Señoritas (1915-1936) (2001)
- Mujeres y educación en la España contemporánea. La Institución Libre de Enseñanza y la Residencia de Señoritas de Madrid (2012)
- La mujer en la II República (2014)
- María de Maeztu. Una antología de textos (2015), en coautoría con Ángel Serafín Porto Ucha.
- A forxa da memoria. Historia de vida de Sara Soto (2015), en coautoría con Ángel Serafín Porto Ucha
- En el Centenario del Instituto-Escuela. Obra educativa de los Institucionistas (2019), en coautoría con Ángel Serafín Porto Ucha
- A casa del maestro de Pontevedra (1934-1936): organización societaria e depuración do maxisterio (2019), en coautoría con Ángel Serafín Porto Ucha.
Notas
editar- ↑ "Autori Aracne editrice - Raquel Vázquez Ramil". www.aracneeditrice.it (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2018. Consultado o 25 de setembro de 2018.
- ↑ "Raquel Vázquez Ramil – Akal". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2018. Consultado o 06 de novembro de 2018.
- ↑ Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. "TESEO. Ficha de tesis".
- ↑ "Currículum Vitae-Raquel Vázquez Ramil" (PDF).
- ↑ [1]