Ramiro Torres
poeta galego
Ramiro Torres Maceiras, nado na Coruña o 15 de decembro de 1973, é un poeta galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de decembro de 1973 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta, wikimedista ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarÉ diplomado en Graduado social[1].
Colabora no grupo surrealista galego Xalundes, e en publicacións como Poseidónia ou Agália. En 2013 publicou o seu poemario Esplendor arcano, que inclúe unha ilustración de Alba Torres Ferreiro e un poema-epílogo de Pedro Casteleiro. Adoita escribir coa norma reintegracionista.
Nas eleccións municipais de 2015 en Galicia, formou parte da listaxe electoral do BNG para o concello de Oza-Cesuras[2].
Obra
editarPoesía
editar- Esplendor arcano, 2013, Grupo Surrealista Galego.
Obras colectivas
editar- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
- Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Notas
editar- ↑ Entrevista co autor.
- ↑ "Ramiro Torres Maceiras (independente)". bng.gal. 5 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2016. Consultado o 2018-06-22.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |