Ramón Villar Ulloa
avogado e político galego
Ramón María Villar Ulloa, nado en Lalín o 5 de maio de 1828 e finado o 4 de abril de 1913, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de maio de 1828 ![]() Lalín, España ![]() |
Morte | 4 de abril de 1913 ![]() Lalín, España ![]() |
Lugar de sepultura | mosteiro de Santa María de Oseira ![]() |
![]() | |
1857 – 1857 ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Antonio Villar e Manuela Ulloa Pimentel, era sobriño e foi o herdeiro de José Ulloa Pimentel. Estudou xurisprudencia e dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1842-1854). Foi alcalde de Lalín (1857), deputado provincial e foi elixido deputado a Cortes en 1867. Foi padriño de Ramón María Aller Ulloa. Despois da Desamortización comprou algunhas posesións do Mosteiro de Oseira, onde viviu e foi soterrado.