Ramón Varela Fernández
avogado e político galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ramón Varela.
Ramón Varela Fernández, finado en Ourense o 22 de novembro de 1951, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
Morte | 22 de novembro de 1951 ![]() Ourense, España ![]() |
![]() | |
1917 – 1918 ← José Pereira Rodríguez ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político ![]() |
Traxectoria
editarEstudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi alcalde de Ourense de 1917 a 1918. Na Segunda República presentouse ás eleccións de febreiro de 1936 na candidatura de Centro pola provincia de Ourense que encabezaba Basilio Álvarez.[1] Foi presidente do Liceo Recreo Orensano. Foi decano do Colexio de Avogados de Ourense e secretario da persidencia da Inspección provincial de Mutilados de Guerra por la Patria. Finou en Ourense o 22 de novembro de 1951.[2]
Predecesor: José Pereira Rodríguez |
Alcalde de Ourense 1917 - 1918 |
Sucesor: Juan Antonio Saco y Arce |
Vida persoal
editarCasou en 1925 con Amalia Taboada Tundidor, irmá de Carlos e Antonio Taboada Tundidor,[3] e foi pai de Amalia, Josefa e Ramón Varela Taboada.