Ramón Regueira Ramos

futbolista e empresario galego

Ramón Regueira Ramos, nado na Laracha o 7 de xaneiro de 1935 e finado o 15 de decembro de 2021, foi un futbolista e empresario galego. Xogaba de interior esquerdo.

Modelo:BiografíaRamón Regueira Ramos
Biografía
Nacemento7 de xaneiro de 1935 Editar o valor en Wikidata
A Laracha, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de decembro de 2021 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista, emprendedor Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoInterior esquerdo

Traxectoria

editar

Aos 9 anos ingresou no colexio dos Xesuítas de Vigo, onde comezou a xogar ao fútbol. De regreso na Coruña, xogou no Huracán de Santa Lucía, de onde pasou con 15 anos ao Fabril, da Serie A rexional.[1] Debutou co equipo fabrilista o mesmo día que o facían Arsenio e Carlos Torres, nun partido contra o Noia. En 1953 fichou polo Xuvenil, filial do Deportivo da Coruña na Terceira División, onde estivo ás ordes de Rodrigo.[2] Disputou o final da tempada 1952/53 e case toda a 1953/54, na que o Xuvenil conseguiu o ascenso á Segunda División. Con todo, Regueira deixou o equipo unhas semanas antes, cando o Deportivo o cedeu ao Caudal de Mieres, na Segunda División.[3]

Debutou na categoría de prata nun partido contra o La Felguera, e conseguiu cinco vitorias en sete partidos co club asturiano, adestrado por Cuqui Bienzobas. De volta en Galicia debutou co Deportivo na Copa do Xeneralísimo, no partido de volta dos oitavos de final contra o FC Barcelona en Riazor. Formou na dianteira xunto con Tito Blanco, Pahiño, Lechuga e Royo, e o equipo gañou 3-0, aínda que o resultado foi insuficiente para pasar de rolda, pois o resultado na ida fora de 4-0 para o Barcelona.[4]

Na tempada 1955/56 volveu saír cedido ao Caudal, onde xogou 20 partidos e marcou 6 goles, compartindo dianteira con López e Bustamante. No verán de 1956 fichou polo Burgos xunto a outros tres coruñeses: Manín, Losada e Lexo.[5] Marcou 4 goles en 11 partidos de Segunda, nunha tempada na que o club burgalés acabou por descender. A continuación incorporouse ao servizo militar e xa non volveu xogar ao fútbol.[1]

En 1965 fundou a empresa Recambios Regueira, que máis tarde que se converteu en AD Regueira, e que foi patrocinadora do Deportivo da Coruña durante décadas.[1] Faleceu o 15 de decembro de 2021, aos 86 anos de idade.[6]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Moncho Regueira, ex xogador de Fabril, CD Juvenil e Deportivo e fiel patrocinador do Club, faleceu aos 86 anos". 16 de decembro de 2021. Consultado o 17 de decembro de 2021. 
  2. "El Juvenil alineará a Regueira de extremo frente a la Ponferradina". La Noche (en castelán) (10005). 20 de marzo de 1953. p. 3. Consultado o 17 de decembro de 2021. 
  3. "Galicia de Norte a Sur". El Pueblo Gallego (en castelán) (10009). 5 de marzo de 1954. p. 4. Consultado o 17 de decembro de 2021. 
  4. "En Riazor estuvo a punto de dar la sorpresa el Deportivo coruñés". El Pueblo Gallego (en castelán) (10065). 11 de maio de 1954. p. 7. Consultado o 17 de decembro de 2021. 
  5. "El coruñés Losada firmó por el Burgos". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de agosto de 1956. p. 5. 
  6. "Fallece Ramón Regueira, exjugador del Fabril, el Juvenil y el Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de decembro de 2021. Consultado o 17 de decembro de 2021.