Ramón Ramos Lamas
Ramón Ramos Lamas, nado en Fontao (Vila de Cruces) en 1911 e finado na mesma parroquia o 16 de setembro de 1941, foi un mineiro e sindicalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1911 ![]() Fontao, España ![]() |
Morte | 16 de setembro de 1941 ![]() Fontao, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mineiro, sindicalista ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarMineiro en Fontao, foi secretario do Sindicato de Obreros de las Minas de Estaño. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 23 de xullo e trasladado á illa de San Simón. Xulgado e Pontevedra en consello de guerra o 9 de xaneiro por auxilio á rebelión xunto con outros 18 republicanos de Carbia,[1] foi condenado a cadea perpetua.[2] Foi trasladado ao forte de San Cristovo en Pamplona en xullo.[3] Participou na fuga do penal de Pamplona o 22 de maio de 1938 e foi capturado en Olave, reingresando o 23 de maio. Foille conmutada a pena en 1941 e retornou a Fontao, onde morreu a consecuencia dos padecementos da prisión o 16 de setembro dese ano.
Vida persoal
editarCasou con Luisa Penalta e tivo unha filla.
Notas
editar- ↑ El Progreso, 8-1-1937, p. 3.
- ↑ El Progreso, 27-1-1937, p. 1.
- ↑ "Ramos Lamas, Ramón". Los presos del penal de Ezcaba.