Ramón Plasencia Ruibal
Ramón Plasencia Ruibal, nado na Coruña o 7 de outubro de 1874 e finado en Xixón a finais dos anos vinte, foi un xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de outubro de 1874 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | década de 1920 ![]() Xixón, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
Traxectoria
editarFillo do tenente coronel Alfredo Plasencia Cassina. Colaborou en El Reservista e foi correspondente de El Correo Militar na Coruña (1895-1896). Marchou despois a Granada. Regresou a Galicia e colaborou en La Nueva Época de Ourense e La Correspondencia Militar, La Nación Militar e La Mañana de Madrid. Trasladouse a Monforte de Lemos onde foi correspondente de El Correo de Lugo e dirixiu o semanario El Cantaclaro. Pola súa actividade xornalística foi ameazado e perseguido por persoeiros monfortinos; Manuel Arias Rodríguez interpuxo contra el querela criminal por suposto delito de inxurias e calumnias en 1900,[1] e chegou a ser detido en maio. Posteriormente foi redactor de El Pueblo de Betanzos e El Heraldo de Galicia da Coruña. Foi nomeado oficial primeiro da Secretaría da Escola de Comercio de Palma de Mallorca en 1910.[2] Trasladouse despois a Xixón, onde foi Oficial da Secretaría da Escola de Comercio e secretario da Cámara de Comercio. Desde Xixón colaborou en La Voz de Galicia, El Eco de Santiago e El Correo Gallego.
Recoñecementos
editarFoille concedida a Cruz de Isabel a Católica (1897).
Vida persoal
editarCasou con Genoveva Sotelo.
Notas
editar- ↑ Monforte quiso ampliar en 1910 la salida de Lugo a todo el partido judicial
- ↑ La Voz de Galicia, 27-7-1910, p. 3.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). Deputación Provincial, ed. A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo. pp. 210–212. ISBN 84-8192-110-6.