Ramón Maseda Reinante
Ramón Maseda Reinante, nado en Ribadeo o 29 de abril de 1880 e finado na Coruña o 31 de agosto de 1936, foi un político galego.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de abril de 1880 ![]() Ribadeo, España ![]() |
Morte | 31 de agosto de 1936 ![]() A Coruña, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Membro de | |
![]() |
Traxectoria
editarOficial do Ministerio de Mariña. Foi presidente da Agrupación Socialista da Coruña, secretario da Liga Española de los Derechos del Hombre e presidente do Centro Cultural Sociedad Antorcha Galaica del Libre Pensamiento. Foi promotor do grupo de vivendas unifamiliares do Campo Volante da Coruña.[1]
En abril de 1936 foi elixido compromisario para a elección do presidente da República. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detido o 20 de xullo, ingresou na prisión provincial onde estivo incomunicado. Sometido a consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte e fusilado no Campo da Rata o 31 de agosto de 1936, xunto a Alfredo Suárez Ferrín, Manuel Guzmán García, Francisco Prego Campos, Joaquín Martín Martínez e Francisco Mazariegos Martínez.[2][1]
Homenaxes
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Reiriz Rey, Jesús María; Alfeirán Rodríguez, Xosé (2004). Tiempos republicanos. A Coruña: Ateneo Republicano de Galicia. ISBN 84-933103-2-8.
- ↑ La Voz de Galicia, 1-9-1936, p. 4.
- ↑ "Culleredo amplía su callejero con veinte nombres…" Arquivado 23/09/2016, en Wayback Machine. La Voz de Galicia, 1/5/2003.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Botana Iglesias, Rocío (2012). O movemento obreiro socialista na provincia de Lugo (1902-11936). Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve. p. 356. ISBN 978-84-95773-26-5.