Ramón Martínez Insua
Ramón Martínez González de Insua, coñecido como Ramón Martínez Insua, nado en Santiso de Abres e finado en Mondoñedo o 12 de maio de 1932, foi un empresario, artista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX ![]() Santiso de Abres, España ![]() |
Morte | 12 de maio de 1932 ![]() Mondoñedo, España ![]() |
![]() | |
1916 – 1918 ← Alejo Ferreiro Soilán – José María Álvarez Mon → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | empresario, artista, político ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Juan Martínez Rocha e Manuela González Fernández. Habilitado do clero mindoniense, foi tallista, debuxante e inventor. En 1888 esculpiu unha estatua de Santa Catarina para o Seminario de Mondoñedo e en 1896 un busto de mármore do bispo Sarmiento.[1] Foi presidente da Adoración Nocturna de Mondoñedo.[2] En 1911 apareceu na revista Industria e Invenciones a recensión dun seu invento: un forno intermitente, mixto, con grella móbil, sistema Martínez, para a obtención de cal graxa. Leal a Avelino Montero Villegas, foi concelleiro de Mondoñedo dende principios de século, foi primeiro tenente alcalde, e en marzo de 1916 fíxose cargo da alcaldía de Mondoñedo.[3] Foi nomeado alcalde de Mondoñedo por Real Orde en xuño de 1916.[4] Volveu ser elixido alcalde a principios de xaneiro de 1918.[5] En marzo de 1918 presentou a súa dimisión irrebogable a causa dun incidente por un comiso de fariñas.[6] Foi escultor e pintor e mestre de escultura e pintura. Experto arqueólogo, foi membro da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra.
Predecesor: Alejo Ferreiro Soilán |
Alcalde de Mondoñedo 1916 - 1918 |
Sucesor: José María Álvarez-Mon Basanta |
Vida persoal
editarCasou en Mondoñedo con Francisca Arias Galán. Viúvo, volveu casar o 22 de abril de 1896 con Enriqueta Huerta Carranque, mestra privada de nenos.