Ramón Guisasola
José Ramón Guisasola Gorrity, nado en 1935 e finado o 1 de novembro de 2011,[1] foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1935 ![]() valor descoñecido ![]() |
Morte | 1 de novembro de 2011 ![]() valor descoñecido ![]() |
![]() | |
1983 – xullo de 1989 (moción de censura) | |
![]() | |
1963 – 1969 – Miguel Ángel Botana → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Traxectoria
editarFoi alcalde de Sanxenxo en dúas ocasións. Na primeira foi designado polo gobernador civil en 1963, e continuou até xaneiro de 1969. Substituído por Miguel Ángel Botana nese ano, ao finais da década, e xa finado o ditador Franco, foi elixido concelleiro por Coalición Democrática nas primeiras eleccións municipais, en 1979.
En 1983 encabezou a candidatura de Alianza Popular e foi elixido alcalde. Revalidou a alcaldía en 1987, ampliando a marxe de vantaxe, mais dous anos despois, en xullo de 1989, un conflito de intereses urbanísticos fixo que o tamén concelleiro popular Elisardo Balboa o desbancase nunha moción de censura[1]. De feito, en 1988 fora procesado por prevaricación por unha licenza de obras[2]. Ao remate desa lexislatura, en 1991, abandonou a política activa.
Predecesor: José Luis Mellid |
Alcalde de Sanxenxo 1963 - 1969 |
Sucesor: Miguel Ángel Botana |
Predecesor: Antonio Pérez Pereira |
Alcalde de Sanxenxo 1983 - 1989 |
Sucesor: Elisardo Balboa |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Casal, Javier (2011-11-01). "Conmoción por el fallecimiento del exalcalde Guisasola Gorrity". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2021-01-30.
- ↑ EFE (1988-08-12). "Alcalde procesado". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-01-30.