Ramón Ferro
Ramón Ferro Dios, nado na Illa de Arousa en 1978, é un piragüista galego que compite na modalidade maratón. É gañador de doce medallas no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón entre os anos 2004 e 2017, e nove medallas no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón entre os anos 2003 e 2017,[1][2] conseguidas facendo parella co pontevedrés Óscar Graña.
![]() | |
Nome orixinal | Ramón Ferro Dios |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de maio de 1978 (46 anos)![]() |
Actividade | |
Ocupación | piragüista ![]() |
Deporte | ![]() |
Membro do equipo deportivo | Club Náutico "O Muíño" |
Traxectoria
editarRamón Ferro iniciouse no piragüismo cando contaba 10 anos, destacando nos campionatos de España de cadetes aos 15[3]. Competiu ao principio no Club de Piragüismo Illa de Arousa, incorporándose máis adiante ao Club Kayak Tudense. No 2002 comezou a competir na modalidade de maratón, ao principio na categoría C-1 e, posteriormente, na categoría C-2.
Asociouse ao tamén piragüista Óscar Graña, co que participou no Mundial de Zamora en 2002, onde quedaron quintos[4] e co que acadou en 2003 a súa primeira medalla no Campionato de Europa, ao remataren en segunda posición. En 2004 conquistaron a súa primeira medalla no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón tras finalizar terceiros, resultado que repetiron en 2005. Nas seguintes tres edicións, 2006, 2007 e 2008, lograron tres pratas, ademais doutra prata no Europeo de 2007. En 2009 gañaron a medalla de ouro no Europeo, mentres que Ferro non puido participar no Mundial ao ser hospitalizado por unha meninxite.[4] En 2010 convertéronse por primeira vez en campións do mundo.[5] En 2011 logrou outra medalla de prata no Europeo xunto a Graña, mentres que no Mundial competiu xunto a Manuel Garrido pois Graña tiña que realizar as oposicións á Policía Nacional.[4] Lograron chegar primeiros á meta pero foron descualificados por pasar por unha zona prohibida.[6] Mantiveron unha reclamación durante anos contra esta decisión.
En 2012, proclamouse campión do mundo de novo xunto a Graña,[7] título que revalidaron ao ano seguinte.[8] Tamén en 2013 se proclamaron campións de Europa por segunda vez.[9] En 2014 repetiron vitoria no Europeo e lograron o terceiro posto no Mundial. En 2015 e 2016, lograron a prata tanto nos Europeos como nos Mundiais, mentres que no 2017 se fixeron cun bronce europeo[10] e unha prata no mundial.[11]
En decembro de 2017 e con 39 anos, Ramón Ferro anunciou a súa retirada do piragüismo, cun palmarés de doce medallas no Campionato do Mundo e nove no Europeo.[4]
Fóra do deporte
editarNas eleccións municipais de 2007 presentou a súa candidatura para concelleiro dentro das listas do PP para o Concello da Illa de Arousa[12]. Repetiu esta candidatura en procesos electorais posteriores, aínda que sempre nos últimos postos. Á marxe do piragüismo, exerce como navalleiro e marisqueiro.
Palmarés internacional
editarCampionato Mundial | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Evento |
2004 | Bergen ( Noruega) | C2 | |
2005 | Perth ( Australia) | C2 | |
2006 | Trémolat ( Francia) | C2 | |
2007 | Győr ( Hungría) | C2 | |
2008 | Týn nad Vltavou ( República Checa) | C2 | |
2010 | Banyoles ( España) | C2 | |
2012 | Roma ( Italia) | C2 | |
2013 | Copenhague ( Dinamarca) | C2 | |
2014 | Oklahoma City ( Estados Unidos) | C2 | |
2015 | Győr ( Hungría) | C2 | |
2016 | Brandeburgo ( Alemaña) | C2 | |
2017 | Pietermaritzburg ( Suráfrica) | C2 | |
Campionato Europeo | |||
Ano | Lugar | Medalla | Evento |
2003 | Gdansk ( Polonia) | C2 | |
2007 | Trenčín ( Eslovaquia) | C2 | |
2009 | Ostróda ( Polonia) | C2 | |
2011 | Saint-Jean-de-Losne ( Francia) | C2 | |
2013 | Vila Verde ( Portugal) | C2 | |
2014 | Piešťany ( Eslovaquia) | C2 | |
2015 | Bohinj ( Eslovenia) | C2 | |
2016 | Pontevedra ( Galicia) | C2 | |
2017 | Ponte de Lima ( Portugal) | C2 |
Recoñecementos
editar- 2013: Medalla de bronce da Real Orden del Mérito Deportivo como recoñecemento á traxectoria deportiva.[13]
Notas
editar- ↑ Ramón Ferro en CanoeResults.eu (en inglés).
- ↑ Lista de medallistas olímpicos e mundiais en piragüismo (1936-2007): parte 1, parte 2. Federación Internacional de Piragüismo (en inglés).
- ↑ "Ramón Ferro… pasión por el mar". ailladearousa.com (en castelán). 6-10-2012. Consultado o 18-4-2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 "Ramón Ferro cuelga la pala como el canoísta español de maratón más laureado de la historia" (en castelán). 13 de decembro de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2019.
- ↑ "Graña-Ferro: "Esta medalla cierra un círculo"... Campeones del mundo" (en castelán). 26 de setembro de 2010. Consultado o 4 de novembro de 2019.
- ↑ "MANUEL GARRIDO Y RAMÓN FERRO DESCALIFICADOS TRAS PROCLAMARSE CAMPEONES DEL MUNDO EN C2." (en castelán). 23 de outubro de 2011. Consultado o 4 de novembro de 2019.
- ↑ "Ramón Ferro... pasión por el mar" (en castelán). 6 de outubro de 2012. Consultado o 4 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Copenhague 2013" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 4 de novembro de 2019.
- ↑ "ÿscar Graña y Ramón Ferro dan a Pontevedra otra medalla de oro en los Europeos de Maratón". Pontevedra Viva (en castelán). 9 de xuño de 2013. Consultado o 4 de novembro de 2019.
- ↑ "Ramón Ferro y Óscar Graña, bronce en el europeo en Ponte da Lima" (en castelán). 2 de xullo de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2019.
- ↑ "Los incansables Óscar Graña y Ramón Ferro, plata en el Mundial de Sudáfrica". Pontevedra Viva. 10 de setembro de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2019.
- ↑ "El PP de A Illa de Arousa anuncia la incorporación de caras nuevas y jóvenes a su candidatura". La Voz de Galicia, edición local de Arousa (en castelán). 17-3-2007. Consultado o 18-4-2007.
- ↑ Federación Española de Piragüismo, ed. (29-10-2013). "Novos Ingresos do piragüismo na Real Orden del Mérito Deportivo". rfep.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18-04-2017. Consultado o 18-4-2017.